Bueu Atl. Bm.: 31 (17+14): Manuel, Rodrigo (4), Jose M. (2), Jose, Brais (3), Manuel (2), Juan L. (1), Juan D., Pedro (2), Abel, David (13), Raúl, Andrés (2), Carlos (1). (
Garaysa Xiria: 26 (14+12): Manuel, Pablo, Arnejo, Carlos (2), Gabriel (5), Borja F., Iván (8), Alex, Eiroa, Borja R. (1), Pereira (1), Juanca (9), Souto.
O Garaysa Xiria visitaba esta semana a sempre complicada cancha do Bueu, logo de acadar un empate no seu ultimo partido como local contra a SAR, e tras amosar unha importante mellora no seu xogo os de Carballo chegaban ata terras do Morrazo con ganas de sumar unha nova victoria.
Dende o comezo puidemos ver a dous equipos entregados ao máximo, con defensas moi profundas que xa adiantaban o que ía a ser a tónica do encontro, ataques rápidos e moita velocidade nas transicións ataque defensa. O Xiria despregaba un bo xogo pero varios erros en lanzamentos claros e varias perdas de balón nas transicións colocaban por diante aos locais. Pese a que as diferencias nunca foron altas o Xiria merecía máis premio a todo o esforzo que estaba a realizar. O Garaysa chegaba 17-14 ao descanso e con moitas ganas de cambiar o sino do partido.
Tras o descanso máis do mesmo, o Xiria esforzábase en defender e en ataque sabía como superar a defensa do Bueu pero erraba demasiados lanzamentos, erros que seguían dándolle a vantaxe aos locais. Os minutos corrían e o Xiria seguía cometendo demasiados erros que nun partido tan igualado coma este deciden o resultado, e así foi, os de Carballo non afinaron a puntería nos lanzamentos e canto menos tempo quedaba para revocar a situación máis afloraban os nervios entre os xogadores do Garaysa que terminaron perdendo por 5 goles nun encontro no que mereceron algo máis. Agardamos que serva coma lección de que contra rivais de nome coma este os erros non forzados son un lastre que fan máis que complicado facerse coa victoria. Moita sorte no vindeiro encontro no que os do Xiria reciben ao Teucro nun partido que se antolla igualado e no que de seguro veremos a un Garaysa mellorado e con ganas de retornar á senda da victoria.
