Bueu Atl. Bm.: 35 (16+19): Yoel, Jose (3), Anxo (9), Andre (6), David (5), Iván, Abel, Jose M., Sergio (5), Brais (7), Rodrigo, Manuel, Juan.
Garaysa Xiria: 26 (13+13): Jorge, Buño, Daniel García (4), Gabriel (1), Iván Campos (7), Raúl (1), Diego (4), Lolo (3), Alejandro, Iván Calvo, Enrique (6).
Colexiado: Mauro Bacelar e Julio Villanueva.
O Garaysa Xiria visitaba, nesta ocasión, á cancha do líder, o Bueu Atlético Balonmán, e todo facía pensar que sería un encontro duro e igualado. E así o foi durante gran parte do partido. O Xiria comezou bastante ben entoado en tarefas defensivas e ao Bueu custáballe acadar ocasións claras de lanzamento; o xogo co seu pivote era unha das principais bazas e o que máis traballo lle levou ao Garaysa. Logo de pequenas alternancias no marcador durante toda a primeira metade o Bueu acadaba 3 goles de vantaxe nos últimos minutos antes do descanso, o que obrigaba aos de Carballo a saír moi concentrados na segunda metade.
Non tardou máis de 5 minutos o Garaysa en volver a igualar o marcador, pero o Bueu volvería tomar vantaxe tras varios ataques errados do Xiria. A partir de aí (min. 10 da 2ª metade) os de Carballo caeron nunha espiral de erros que lles puxo o partido moi complicado. A defensa comezou a facer augas nos apoios e nas axudas e, pouco a pouco, o Bueu ía tomando unha cómoda vantaxe. O Xiria, superado polas circunstancias e polo gran rival que tiña enfronte, non puido máis que aguantar ata o asubío final.
Ao remate 35-26, unha diferenza demasiado avultada tras o visto na pista,, pero merecida vitoria para un Bueu que a penas deixou opcións aos visitantes. Este pequeno tropezo afástanos un pouco dos postos altos da táboa pero aínda restan dous partidos para rematar a 1ª volta e de acadar eses 4 puntos de seguro retomaremos unha praza entre os catro primeiros. Hai que a seguir traballando coma ata o de agora.
A seguinte fin de semana o garaysa Xiria recibe ao Bm. Lavadores, no que será o último encontro antes do parón do nadal.
