Bueu Atl. 25 (16+9): Darío, David (4), Yeray (1), Marcos (5), Simón (4), Cristian (9) -equipo inicial- Anxo, Jaime (1), Alejo, Manuel, Anxo (1), André.
Vipecón Xiria 42 (19+23): Bisbi, Miguel (12), Javi (3), Rubén (7), Álex (6), Martín (1), Jorge Bouzas (3) -equipo inicial- Iván, David (3), Jorge Viñas (2), Ricardo (5).
Colexiado: Roberto Vidal.
Partido perigoso o que debía disputar o Vipecón Xiria na localidade pontevedresa de Bueu, xa que, aínda que os de Carballo se están a amosar como un dos mellores equipos da competición e, sobre o papel, era superior ao Bueu, estes chegaban ao partido ocupando posicións de descenso o que os facía máis perigosos.
Os xogadores do Vipecón Xiria comezaron moi fríos o partido e os de Bueu eran capaces de superar por mobilidade e forza á zaga visitante. O encontro, aínda que sempre co equipo do Vipecón por diante no marcador, presentaba unhas diferenzas demasiado curtas para o que indicaba a táboa clasificatoria ao principio do encontro. No intermedio, o electrónico sinalaba un inquedante 16-19, que deixaba moitas incognitas cara a reanudación.
Na segunda metade, os carballeses sairon un pouco máis entonados, dando unha mellor cara. A defensa 5:1 empregábase con máis contundencia e mobilidade, recuperando balóns e provocando erros do contrario que permitían rápidos contragolpes dos do Xiria. En dez minutos, o Vipecón, ampliaba a distancia no electrónico e facía posible que só existise un equipo na pista conseguindo unha diferenza final de 17 goles, 42-25, con un escandaloso parcial nesta segunda parte de 23-9.
Con esta vitoria, o Vipecón Xiria segue a ocupar o segundo posto, a catro do primeiro e seguido de cerca polo Octavio vigués a catro puntos, pero con un partido menos.
A vindeira fin de semana o Vipecón aprazará o partido contra o Cisne de Pontevedra por non poder contar co seu xogador David García Pichel, convocado de novo coa selección española promesas.
