C.B. Camariñas 4 (24) – PROCASA XIRIA 4 (17)

24/02/2004 1ª XORNADA (Aprazada)

PROCASA XIRIA: Miguel, Pombo (0) , Diego López (0) , Néstor (0) , Iván (1) , Juan (4) , Naya (0) , Barreiro (2) , Zas (0) , Oscar (0) , Diego Puente (7) , Icaro (0) , Ramón (2) , Andrés (1).
O Luns xogouse o partido aprazado correspondente a primeira volta da Liga , en el ás cousas foron ben distintas. Os camariñáns foron os claros dominadores e no Pavillón Municipal de Camariñas o PROCASA adoeceu , igual que en anteriores encontros da intensidade e actitude adecuadas. Os de Marcos Trigo aprenderan a lección do Sábado e aplicábanlles a menciña do xogo sen balón os indolentes defensores carballeses quenes non eran conscientes de que o rival estaba a calcar o que un par de días antes eles parecían ter tan ben aprendido . Pese a esto e o , tamén estático, ataque do XIRIA os puntos do 1º e 3º cuartos caían de lado bergantiñán, deixando o partido en táboas , con mais pena que gloria e cunha boa dose de sorte e sufrimento

Parciais: 5-6 / 7-3 / 3-5 / 9-3