24/02/2004 12ª XORNADA
C.B.TECHNOVIDEO PONTEDEUME: Belio, Nuñez, Unay(8), Taboada(1), Lopez(2), Pena(3), Bruno(5), Pérez(1), Alexander, Javier(3).
GARAYSA XIRIA: Guillin, Norberto(5), Eloy, Diaz, Joaquin(9), Manuel(6), Oscar(2), Nico, Martin,Marcos.
Partido moi igualado o disputado polos conxuntos do Pontedeume e o Garaysa Xiria. O encontro decidiuse nos derradeiros minutos a prol do equipo local. Ó final da primeira metade o marcador reflectía un resultado de dous arriba para o cadro carballés 9-11. Nesta primeira metade a gran defensa practicada polos rapaces de Fernando Vázquez e a Os do Eume intentaron frear a capacidade realizadora de Joaquín practicándolle unha defensa mixta pero esto provocaba que cunhas rápidas transcricións o resto dos compoñentes do Garaysa anotasen con facilidade.
Xa na segunda parte o partido igualouse un pouco mais, xa que a
permisividade do arbitro ( que tivera unha correcta actuación na primeira metade e fora increpado polo equipo local durante todo o descanso) na defensa do equipo de Pontedeume recortou as diferencias e fixo que se chegara ós derradeiros minutos coa máxima igualdade no electrónico, o que provocou o nerviosismo no equipo carballés que tras perder dous balóns parvos en ataque propiciou que o Pontedeume lograse a victoria.
O colexiado Jose Bouza, fatal na segunda parte onde se deixou amedrentar polo equipo local, ademais de ameazar o xogador carballés Joaquin ó final do partido dicíndolle: «Vas al acta» tres veces seguidas sen ningún motivo.
