CAIXANOVA OAR 31 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 33

Ifecgas Pereira Xiria: Néstor, Iván (5), Diego, Borja (4), Dani (3), Oscar (3), Andres (2) -equipo inicial- Rodrigo, Pombo (4), Naya, Mecías, Zas (6), Boti (5).

Caixanova Oar: Alberto (1), Yago (3), Jorge (1), Nesterov (4), Martíño (7), Ramón, Rodrigo (6) -equipo inicial- Jacobo (5), Juan (2), Xaime (2), Cabrera.

Colexiados: O colexiado Iago García estivo moi mal.

O Ifecgás Pereira Xiria voltou a xogar un pesimo partido contra o Caixanova Oar, moi parecido ao que xa disputara contra este mesmo equipo na primeira volta da liga, adolecendo o cadro carballés da mesma falta de actitude e compromiso que lle levou a facer un vergoñento campionato galego hai tan só unha semana. Ben é certo que este torneo de copa non lle interesa a ninguén e a falta de concentración foi a nota predominante nos dous equipos.

No descanso o Caixanova Oar xa gañaba por un tanteo de 11-16 nun partido no que non existiron as defensas e cheo de accións individuais sen sentido ningun en ataque. Aínda que todos sabemos que o Ifecgás Pereira e infinitamente superior e iso foi o único que propiciou que tomara a dianteira e non a deixara ata o final nun partido moi malo por parte dos dous equipos.

Ao remate un resultado de 31-33 a prol dos de Carballo nun partido insulso e feo para o espectador nun torneo que como diciamos anteriormente xa non interesa a ninguén a estas alturas do ano. Deste xeito os de Carballo toman a dianteira nesta semifinal aínda que todo se decidirá na pista carballesa a vindeira fin de semana.