Calvo Xiria 23 – Universidad de León Ademar 26

O Calvo Xiria caeu derrotado no Pavillón da Zona Escolar de Carballo ante ó Universidad de León Ademar por 23-26.

Sairon fortes os leoneses e, gracias os desacertos ofensivos dos de Carballo, conseguiron colocarse cun parcial inicial de 2-5. Os carballeses foron mellorando pouco a pouco e cunha gran defensa conseguiron reducir as diferencias a un só gol. Neste punto, mediada a primeira metade, un novo tirón do Ademar unido á lesión do pivote carballés Alfonso, que descentrou ós homes de Juan Fernández, provocaron que o electrónico ó descanso sinalase un 8-13 a prol dos homes de Pollán. Esta lesión tamén provocou que o adestrador carballés tivese que cambiar o seu esquema de xogo pasando Gvazava, que estaba a xogar de lateral pola ausencia de Fernando Vázquez, a xogar no pivote co cal se limitaban as opcións que tiñan os carballeses na primeira liña.

No reinicio, e vendo que se lle escapaba o encontro, o Calvo xogando un gran balomán, tanto en defensa coma en ataque, foi reducindo paulatinamente a renda dos de León ata chegar a colocarse a só un tanto por debaixo a falta de 10 minutos para o remate do encontro. Nestes derradeiros 10 minutos, a precipitación en ataque dos de Carballo unido os erros nos lanzamentos de 7 metros (incluso o lesionado Fernando tivo que saír a tirar un penalti dado o desacerto dos seus compañeiros) e á discutitida actuación arbitral, que non medían co mesmo raseiro as accións nunha e outra área, provocou que o Xiria non poidese completa-la remontada e facerse cos dous puntos.

Reseñar a lesión de Alfonso, que mañá será operado dunha fractura no seu tabique nasal e que causará baixa por un periodo mínimo de tres semanas.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Mario ( 3 ), Marcos ( 3 ), Gvazava ( 5 ), Alberto ( 4 ), Alfonso e Ofi ( 5 ) –equipo inicial- Víctor, David Silván ( 2 ), Álex, Javi Zas, Martín e Fernando ( 1 ).

– Polo Univ. de León Ademar: Yeray, Víctor Díaz ( 3 ), Perales ( 6 ), Callejo ( 1 ), Verdial ( 4 ), Nano ( 8 ) e Alonso ( 1 ) – equipo inicial – Raúl Rodríguez, Alejandro Martínez ( 2 ), Chamorro, Vidal ( 1 ), Garza e Calvo.

Marcador cada 5 min.

1-2 / 2-4 / 5-6 / 6-8 / 6-11 / 8-13 / 10-13 / 13-16 / 16-18 / 18-20 / 21-23 / 23-26

Os colexiados baleares Sres. Valentín Gonzále e Verniere Pérez tiveron unha actuación regular.