CALVO XIRIA 25 – SOLLA Y CIA. CONSTRUCCIONES SL 32

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 2
29/09/2012 CALVO XIRIA 25 – SOLLA Y CIA. CONSTRUCCIONES SL 32
Calvo Xiria 25 (12+13): Iago [p], Alex, Jesús, Brais, Chimpo (3), Manuel (3), Pablo (13, 5 de 7 metros) -equipo inicial- Naya [p], Gonzalo, Ramón, Ángel, Dubra (4), Martín (1), Sergio (1).

Solla y Cía. Construcciones S L (15+17): Domínguez [p] Chema (3), Ángel (1), Vidal (6), Rubén (3), Casal, Roberto (10) -equipo inicial- Sequeiros [p], Fabián (2), Gestido, Cuadrado (5), Blanco, Camino (1), Martínez (1).

Colexiados: José Carlos Frieira Cavada e Santiago Piñera Fombona do colexio asturiano. Mal abitraxe, non mantendo un criterio único para os dous equipos nas sancións disciplinarias.

Marcador: 3-2, 5-4, 6-5, 8-7, 9-11, 12-15 (descanso); 14-17, 15-21, 18-24, 21-27, 23-30, 25-32 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 5 / 9 ### Solla y Cía. Construcciones S L: 2 / 3
Preto de 350 persoas seguiron a presentación do Calvo no Municipal de Carballo ante un Chapela que acadou a tempada pasada o título ligueiro, con incorporacións para tentar de novo o asalto a División de Honra Prata. Por nomes un dos equipos máis potentes do grupo A da 1ª Estatal.

O encontro estivo marcado pola igualdade nos primeiros vinte minutos. A partir deste intre o Calvo foi incapaz de materializar as ocasións que se lle presentaban dende os extremos. Este feito aproveitouno o equipo visitante para facer máis pegañosa a súa defensa na zona central. Deste xeito comezou a marcar diferenzas que resultaron imposibles de limar para os carballeses. Tampouco estivo ao mellor nivel na súa defensa con poucos contactos e anticipacións.

Moito tivo que ver tamén a actuación dos colexiados que permitiron accións defensivas distintas nos dous equipos, favorecendo o contacto dos xogadores vigueses mentres os carballeses eran unha e outra vez sancionados con exclusión por tocar aos seus rivais. Xogando contra unha das defensas máis duras da categorías, que máis explota o feito de agarrar e empurrar foron os xogadores do Calvo excluídos 10 veces, por 8 dos seus rivais.

Agora ten o Xiria unha semana para preparar o seguinte partido que será en Carballo xa que o calendario deparou dúas xornadas seguidas coma local, o rival vai ser o Bueu At, equipo que está de volta na categoría e que de seguro vai loitar ata o derradeiro intre por levarse os dous puntos do Vila de Noia. Será o vindeiro sábado as 18:00 horas.