CALVO XIRIA 26 – GRUPO SIGARCI 23

XORNADA 3

04/10/2008 CALVO XIRIA 26 – GRUPO SIGARCI 23
Calvo Xiria 26 (10+16): Quique, Cuco (2), Borja (2), Jesús (1), Pablo (5), David (7) e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Alex, Ángel, Chimpo (2), Pombo (1), Manuel e Bruno (3).

Grupo Sigarci 23 (14+9): Dani, Chus (3), Marcos (1), Michi (2), Edu (2), Luilli (1) e Dani García(1) -equipo inicial- Nacho, Iván (5), Río (5), Castaño, Santi (1) e Monjardín (2).

Colexiados: Tatiana González e Daniel Portela, pasaron desapercibidos ao longo de todo o encontro.

Parciais: 1-1, 5-3, 6-6, 7-9, 9-11, 10-14, 12-18, 16-19, 17-19, 20-21, 23-23, 26-23.

Emocionante partido o que ofreceron na terceira xornada de liga de 1ª División Nacional Masculina no Pavillón da Zona Escolar o Calvo Xiria e o Grupo Sigarci e que rematou coa vitoria dos locais por 26 – 23, no descanso o marcador reflectía un parcial de 10 – 14 a prol dos asturianos.

O encontro dividiuse en tres partes ben diferenciadas: os dez primeiros minutos favorables aos locais que impoñían a súa defensa e contraataque ante o que pouco podía facer o Grupo que se mantiña nunha desvantaxe curta grazas ás paradas de Dani. Os seguintes vintecinco minutos foron do equipo de José García, que impuxo a súa fortaleza defensiva e que poucas veces permitía lanzamentos cómodos aos carballeses, e nas veces que estes podían lanzar con vantaxe aparecía a figura de Dani para impedir sumar ao conxunto local, de tal xeito que en vintecinco minutos só era quen de conseguir sete goles. Neses momentos a máxima diferenza chegou aos sete goles (11-18) e todo facía presaxiar un resultado final desfavorable ao Calvo.

Pero todo cambiou nos derradeiros vintecinco minutos, nos que nunha loita de poder a poder os xogadores do Xiria foron recortando a diferenza conseguida polo Grupo. Mostra desta loita é o feito de que o electrónico estivo parado nun parcial de 15-18 durante case cinco minutos. Pero a perseveranza e as gañas do conxunto carballés foron vitais para rematar os cinco últimos minutos cun parcial de 3-0 que pechaba a remontada do Calvo Xiria e facía que os dous puntos quedasen na casa.

Destacar por unha parte a labor en conxunto do Calvo Xiria, sobre todo dos xogadores que saíron dende o banco demostrando a importancia do traballo de equipo e por outra subliñar o papel dos afeccionados do Calvo Xiria que cada día fanse notar máis nos encontros dos carballeses apoiando ao equipo nos momentos máis delicados.