O Calvo Xiria prosigue a racha de victorias e imponse 28-23 ó Cisne nun partido sen historia.
Os de Juan Fernández saíron un pouco apagados nos comezos ante un rival que parecía imitalos. Onde realmente se empezou a construí-la consecución dos dous puntos foi no inicio da segunda metade, onde a defensa local impuxo a súa lei afogando ós do Lérez que se vían impotentes ante o muro carballés. Co encontro encarrilado a falta de 15 minutos só quedaba agardar o asubío final das colexiadas Takeuchi e Reoyo que non tiveron unha labor acertada e non gustaron a ningún dos conxuntos.
Aliñacións
– Polo Calvo Xiria: Villa , Marcos ( 3 ), David ( 2 ), Mario ( 5 ), Martin ( 3 ), Gvazava ( 2 ) e Ofi ( 4 ) – equipo inicial – Víctor, Javi ( 3 ), Alfonso ( 1 ), Álex ( ), Dubra ( ), Alberto ( 4 ) e Sergio ( 1 ).
– Polo B.M. Cisne: Cima, Alberto ( 4 ), Eloy ( 1 ), Escudero ( 6 ), Chof ( 3 ), Gil ( ) e Freire ( 2 ) – equipo inicial – Lafuente, Rey ( 1 ), David ( 6 ), Fabián ( ), Marticorena ( ) e Rubén ( ).
Marcador cada 5 minutos
0-1 / 3-4 / 7-6 / 10-8 / 11-11 / 14-12 / 15-14 / 18-15 / 22-17 / 23-19 / 25-19 / 28-23