LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 15
21/01/2012 CALVO XIRIA 29 – BM INZAMAC ZAMORA 29
Calvo Xiria 29 (16+13): Kike[p], Pablo (6, 3 de 7 metros), Cuco (5), David (8) Dubra (3), Jesús (3), Manuel (2) -equipo inicial- Iago[p], Álex (1), Sergio, Miguel, Ángel, Álex Zas (1), Ramón.
Bm Inzamac Zamora 29 (14+15): Del Barrio [p], Margareto (1), Martín (13, 3 de 7 metros), Ruiz, Prieto (2), Fernández, Cano (6) -equipo inicial- Pérez [p], Octavio (3, 1 de 7 metros), Vivas (2), Camino (1), Sandín, Gómez, García (1).
Colexiadas: Carla Diz Sierpes e Ana Correa Araujo. Excluíron ao xogador visitante Ruíz (24´) e aos locais Sergio (27´), Ángel (37´), David (50´) e Álex García (59´, cartón vermello directo).
Marcador: 3-3, 6-6, 10-7, 14-9, 15-12, 16-14(descanso); 19-18, 21-20, 24-21, 25-22, 27-24, 29-29 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 3 / 4 ### Bm Inzamac Zamora: 4 / 5
Primeiro empate para o Calvo Xiria no que vai de tempada, o reparto de puntos foi co Inzamac Zamora, ata esta xornada segundo clasificado xa que cedeu o seu posto ao Ademar León nunha liga que mantén totalmente abertos os dous postos que dan acceso a xogar fase de ascenso. Neste momento entre os sete primeiros clasificados tan so hai unha diferenza de cinco puntos.
Partido de bo balonmán o que se viu no Pavillón Vila de Noia e no que o mando no marcador correspondeu ao Calvo Xiria durante 58 minutos, que foi o tempo que tardou o Inzamac en estar no electrónico con opcións de puntuar.
Sabedor o Xiria do potencial ofensivo do seu rival fixo da súa defensa a premisa necesaria para gañar os dous puntos en xogo, e foi quen de mantelo durante 55 minutos, máis o Zamora non ocupa un dos postos máis altos da táboa clasificatoria por casualidade. Eses derradeiros 5 minutos foron dos visitantes que atoparon con maior facilidade a portería do Calvo e co tempo xa rematado e cun lanzamento de 7 metros, que chegou a tocar Iago, acadou o empate definitivo a 29 goles co que se pechou un intenso e emocionante encontro con accións de calidade por parte dos dous conxuntos que fixeron vibrar aos seus seareiros.
A vindeira xornada o Calvo Xiria ten un difícil compromiso na pista viguesa de Coia ante o Seis do Nadal, un equipo que está en clara liña ascendente e que se sitúa a un so punto dos carballeses. Será o sábado ás 18:30 h no Pavillón Mpal. de Coia.