CALVO XIRIA 30 – BM. LEGANÉS 27

Calvo Xiria: Quique, Alberto ( 7 ), Hernán ( 2 ), Chimpo ( 3 ), Marcos ( 6 ), Fernando ( 2 ) e Carlos ( 4 ) –equipo inicial- Víctor, Dubra, Alfonso ( 4 ), Javi Zas ( 2 ), Álex, Nando e Queco.

Bm. Leganés: Luís, Óscar, Antonio ( 5 ), Molina ( 2 ), Hugo ( 8 ), Roberto ( 1 ) e Eduardo –equipo inicial- Bernardo, Barcena ( 1 ), Pedro ( 1 ), Felipe ( 1 ) e César ( 8 ).

Colexiados: Boa actuación dos colexiados de Castela-León Srs. Alcalde e Martínez.

Parciais cada 5 min: 0-3, 4-4, 8-7, 10-8, 11-12, 15-14, 19-16, 20-18, 24-21, 24-23, 27-26, 30-27

Nova victoria do Calvo Xiria, terceira consecutiva na súa cancha na que parece que se está a facer forte.

Encontro moi igulado o visto na tarde do sábado no Pavillón da Zona Escolar. Un mal arranque dos de Tachi Patiño permitiu que o Leganés levase a iniciativa durante os primeiros minutos, tras este mal comezo recuperaron os carballeses que se mantiveron con vantaxes mínimas no electrónico ata chegar ao intermedio. Na segunda metade o Xiria saiu mais centrado e apoiado na boa laboura do meta Víctor levou a inicitava durante toda a segunda metade, chegando a estar con catro goles de vantaxe a falta de pouco máis de 5 minutos, sen embargo varias imprecisións permitiron ao Leganés empatar o encontro a falta de tres minutos e incluso dispuxeron dun balón para porse por diante pero os de Carballo voltaron a poñerse as pilas nos u´ltimos intres para facerse cos dous puntos.

Destacar que foi o primeiro encontro retransmitido a través de Radio Xiria.