CALVO XIRIA 32 – BM. ALCOBENDAS 27

29/01/2006

Calvo Xiria: Quique, Alberto (5), Nando, Fernando (11), Javi Zas (2), Alfonso (2) e Carlos (3) –equipo inicial- Víctor, Nahuel (1), Cuco (1), Chimpo (3), Queco (2), Marcos (2) e Dubra.

Bm. Alcobendas: Raúl, Centeno (3), Zalozny (1), Solbes (1), Manu (4), Barba (3) e Jorge (7) – equipo inicial – Nacho, Pablo, Luaces (2), Hector (2) e Israel (2).

Colexiado: Os colexiados Srs. Martínez e Reino tiveron unha boa actuación.

Parciais cada 5 min.: 2-0, 5-2, 8-6, 10-8, 13-9, 16-11, 19-15, 22-16, 23-18, 26-19, 31-22, 32-27.

Segunda victoria do Calvo Xiria no que vai de campaña nun encontro no que os xogadores de Tachi foron netamente superiores ao cadro madrileño.

A boa defensa carballesa, xunto coa gran actuación do meta Quique e o acerto en ataque fixeron que nunca perigase a visctoria para o Xiria .Mandaron os carballeses no electrónico durante todo o encontro, e foron aumentando paseniñamente as diferencias ata conseguir unha máxima renda de 9 goles a falta de 5 minutos para o remate do encontro, ahí foi cando o técnico carballés dou entrada aos homes menos habituais, esto unido á relaxación nos locais nestes últimos minutos permitiu ao Bm. Alcobendas maquillar o resultado.