CALVO XIRIA 32 – UNIVERSIDAD DE LEÓN ADEMAR 35

Calvo Xiria: Quique, Alberto (11), Hernán (3), Javi Zas (3), Chimpo (5), Alfonso (1) e Dubra (5) –equipo inicial – Víctor, Nahuel (4), Nando ( ), Cuco ( ), Fernando ( ), Pablo ( ) e Queco ( ).

Universidad de León Ademar: Yeray, Pedro (1), Álex (4), Aguirrezabalaga (5), Guille (3), Andoni (4) e Marcos (2) –equipo inicial – Edu (4), Javi (2), Bozalongo (5), Felipe (1), David (4) e Millán ( ).

Colexiados: Jorge Muñiz e Alfonso González, unha vez máis, penosos.

Parciais cada 5 min: 4-1, 8-4, 11-8, 14-9, 16-13, 18-18, 19-22, 23-25, 25-27, 27-29, 30-30, 32-35.

Co descenso confirmado na pasada xornada, os rapaces do Calvo tentaron non perder a imbatibilidade como anfitrións na segunda volta pero aínda que nos primeiros 20 minutos foron claramente superiores a perda da intensidade defensiva fixo que os leoneses foran ao descanso co tanteo parello. A parada non debeu ser do agrado dos carballeses porque cometeron unha serie de erros nos primeiros instantes do recomezo que fixeron que os visitantes conquerisen unha vantaxe de 3 goles que foi duro remontar. Mais cando faltaban 5 minutos para o remate o marcador sinalaba 30-30 e nos instantes decisivos o equipo que menos errou foi o Ademar que marchou con duos puntos.