CALVO XIRIA 35 – E.M.M. BM. CANGAS 24

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 21
03/03/2012 CALVO XIRIA 35 – E.M.M. BM. CANGAS 24
Calvo Xiria 35 (19+16): Iago [p], Cuco (1), Álex Zas (2), Sergio, Brais (2), Manu (1), Pablo (12, 2 de 7 metros) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Ángel (3), Dubra (7), David (3), Álex García (2), Christophe (2).

Exp. Mineiras do Morrazo Bm. Cangas 24 (8+16): Lagoa [p], Menduiña (4), Hugo, Cristian (4), Fabián (4), Manuel (2), Barreiro (3)-equipo inicial- Óscar (2), Joel (1), José, Veloso (1), Moisés (3).

Colexiados: Carla Diz Sierpes e Ana Correa Araujo do colexio galego. Excluíron aos locais Sergio (9´), Alex García (14´, 38´ e 56´), Ángel (26,´e 51´) e David (49´), tamén aos xogadores visitantes Manuel (2´, 13´ e 38´), Fabián (19´), Barreiro (34´) e Óscar (44´).

Marcador: 2-0, 6-5, 9-6, 11-6, 14-7, 19-8 (descanso); 22-12, 24-13, 27-16, 30-19, 33-22, 35-24 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 2/ 2 ### Exp. Mineiras do Morrazo Bm. Cangas: – / –
Vitoria do Calvo Xiria na vixésimo primeira xornada da liga de 1ª Estatal en partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante o Bm. Cangas. O resultado final de 35 – 24 fala ben ás claras do que foi o encontro. Unha loita desigual dende o inicio, motivada pola ausencia de varios xogadores cangueses que foron convocados polo equipo de División de Honra, feito que mermou notablemente o seu potencial.

O encontro durou dez minutos, tempo que tardaron os carballeses en centrarse no partido. Eses minutos remataron cun parcial de 6-5. A partir de aí a defensa e contraataque carballés foron suficientes para romper o encontro de xeito definitivo. Tal foi así que nos seguintes vinte minutos o parcial foi 13-3 favorable para o Xiria, deixando o partido finiquitado.

O segundo tempo non tivo historia … os dous equipos adicáronse a deixar pasar os minutos ata o pitido final. Cando xa todo parecía rematado Cristian, xogador do Bm. Cangas, nun choque fortuito, sufriu un golpe no nariz que lle provocou unha forte hemorraxia, polo que tivo que ser trasladado a un centro médico, agardamos a súa pronta recuperación.

A vindeira xornada o Calvo Xiria xoga en Porriño ante o líder da categoría. Será o sábado ás 18:00 h no Municipal do Porriño.