CALVO XIRIA 35 – PORTADEZA LALÍN 28

25/11/2006 CALVO XIRIA 35 – PORTADEZA LALÍN 28
Calvo Xiria: Iván, Cristophe (1), Cuco (2), Fernando Vázquez (6), Pombo (1), Aitor (6) e Alberto Salgado (10)–equipo inicial- Quique, Joaquín (6), Hernán, Chimpo, Manuel, Queco e Pablo (3).
Portadeza Lalín: Agustín, Nicolás (4), Diogo (6), Jesús (4), Jose (1), Borja (4) e Aser (4) –equipo inicial- David, Sergio, Hugo (4), Julián, e Manuel (1).
Colexiados: García Cortizo e Meijide Collazo. Sen complicacións.
O Calvo Xiria sumou unha nova victoria no Pavillón Municipal da Zona Escolar fronte ao Portadeza Lalín, na décima xornada de liga en 2ª Nacional. O resutado ao descanso era de 15-13 para os carballeses.

O Calvo Xiria saíu pouco metido no partido e a falta de intensidade en defensa provocaba que o partido fora apretado nos primeiros compases. O equipo de Marcos Rodríguez non tiña problemas en ataque, fronte á endeble defensa visitante e, pese a facer o xusto, chegaba a acadar no ecuador do primeiro acto unha renda de catro goles (10-6) ao seu favor. Tres exclusións consecutivas dos locais propiciaron o achegamento no luminoso dun Lalín que seguía metido no partido grazas aos goles de Borja. As intervencións de Iván baixo paos, con dez paradas na primeira metade, permitiron ao Xiria irse con vantaxe no marcador ao descanso (15-13).

A faciana do Calvo cambiou radicalmente ao inicio do segundo acto. Marcos Rodríguez dispuxo unha defensa 6-0 que nunca soubo atacar o Lalín, completando quince minutos cheos de intensidade para romper definitivamente o partido. As rápidas transicións, a dirección de Pablo e os goles de Alberto, Aitor e Joaquín propiciaron o despegue do Xiria no marcador, chegando a acadar, no minuto 16, unha renda de once goles (28-17). Co partido encarrilado, os carballeses baixaron os brazos e permitiron que o Lalín, sen facer nada do outro mundo, se puxera a seis goles a falta de oito minutos, cun parcial de 1-6 a o seu favor. Nos últimos compases, a precipitación dos do Deza propiciou as rápidas accións á contra dun Calvo Xiria que elevou a diferenza final ata os sete goles. Hai que destacar, igualmente, a boa aportación de Quique na portería do Xiria na segunda metade, con dúas paradas desde o punto de penalti.

O adestrador do Calvo Xiria, Marcos Rodríguez, foi expulsado no último minuto do choque por dirixirse ao árbitro. Pero o peor foi a transcrición que o colexiado reflexou na acta, nada que ver co que lle dixera o técnico do Xiria.