CALVO XIRIA 39 – PEGUFORM IBÉRICA 30

O Calvo Xiria pasou por riba da S.A.R. de Redondela e venceu cun contundente 39-30, amosando unha vez máis o balonmán que está a facer nesta tempada.

Presumíase moi disputado o choque da tarde do sábado, pero os de Javier Barrios non deron opción en ningún momento a que esto sucedese. Un ataque maxistralmente levado por Quique Orge facía que os compañeiros batesen insistentemente a meta de Suso Soliño que se desesperaba baixo os paos. A ben asentada defensa dos carballeses anulaba as oportunidades visitantes fulminándoos con rápidos contraataques.

Verdadeiramente moi pouco que contar desta volta nun partido que non tivo outro dono que non fose o Calvo Xiria, só Ofi non puido participar no festín ó non recuperar o seu xeonllo mancado.

Aliñacións

Polo Calvo Xiria:Xurxo, Marcos ( 7 ), Fernando ( 5 ), Quique ( 3 ), Jordi ( 13 ), Martín ( 3 ) e Suso ( 4 ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( 4 ), Ofi ( ), Pablo ( ), e Tom ( ).

Polo Peguform Ibérica: Suso Soliño, Xosé Cabaleiro ( 4 ), Gustavo ( 3 ), Pablo Cabaleiro ( 5 ), Lomba ( 4 ), Alejandro Ron ( 5 ) e Lago ( 3 ) – equipo inicial – Monroy, Castro ( 1 ), Valoria ( 2 ), Pablo Domínguez ( ) e Luís Ron ( 2 ).

Marcador cada 5 minutos: 3-1 / 7-5 / 11-6 / 14-7 / 17-10 / 19-14 / 22-17 / 26-20 / 30-22 / 34-24 / 36-27 / 39-30

Os colexiados Sres. Castanedo e Pérez foron moi protestados polos dos bancos e non se complicaron nun encontro no que predominou a nobreza nas accións.

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.05.03

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 05 – JORNADA 05
Partido 03 – PARTIDO 03
Fecha 26-10-2002
Hora 19:00
Resultado 39 – 30
Arbitros 2140 JOSE MANUEL CASTANEDO MARTINEZ
1104 RICARDO PEREZ OCA