Aínda que a clasificación xa estaba asegurada dende a anterior xornada, o Calvo Xiria acadou o domingo no Vila de Noia os máximos puntos na Primeira Fase da Copa Federación, Grupo B impoñéndose ó Coreti Lalín (31-23).
O encontro comezou bastante parello por mor dos erros en ataque de ambos equipos e o ben facer de ambas defensas, pero pronto as locais recuperaron balóns e puideron transformar goles sinxelos mediante contraataques de ambas extremos. Catro goles separaban o electrónico (9-5) no minuto 15, pero o tempo morto pedido polo adestrador do Lalín recortou as distancias a dous tantos. Os trocos do conxunto local, que renovaron os folgos, e o incremento a intensidade defensiva fixeron ás camisolas verdes medrar no marcador cun parcial de 8-2 ata acadar no descanso o (18-10).
Na segunda metade os erros das locais e as perdas de balón lastraron o equipo, sen atopar solución ó aumento de profundidade no 6:0 do Coreti, que lle permitiu a aproximación no marcador ata os catro tantos (19-15). O Xiria veuse obrigado a traballar sen balón e incrementar o desgaste físico para atopar buratos na defensa das visitantes, que pouco puideron facer para achegarse al locais ata o (31-23) final dun serio encontro de Copa que ambos conxuntos empregaron para preparar o inicio de liga.
Calvo Xiria 31 – Coreti Lalín 23
Calvo Xiria (18+13): Nadia Vázquez (p), María Porteiro (p), María Patiño (1), Aida Vizcaíno (1), Lara Souto (2), Lucía de la Torre (4), Tamara Pombo (3), Minia Calvo (4), Mara Garabaya (3), Natalia Solís (2), Marta Gómez (5), Duna Barca (2), Elena Segade (4), Valeria Figueroa, Sheila Ferreiro
Coreti Lalín (10+13): Paula Abeledo, Antía González (1), Mencía Payo (5), Lidia Sanda (1), Laura Cacheda, Micaela Luján (3), María Blanco (2), Eva Díaz, Iria Sierra (7), Natalia Failde, Alba Mariño (3), Belén Silva (1), Sandra Radu
Árbitros: Renzo Martín e Iván Alfonso
Marcador cada 5 minutos: 3-2, 7-5, 9-5, 10-8, 15-8, 18-10, 19-14, 19-15, 23-16, 27-17, 28-20, 31-23