Calvo Xiria volve a sumar ante o Chapela

Tras o golpe da pasada xornada ante o Lavadores, o Balonmán Xiria precisaba unha nova vitoria para manterse nos primeiros postos da clasificación. Nesta ocasión, o Calvo Xiria tivo que desprazarse ata Vigo para enfrontarse a un rival que tivo un sustancial cambio nas súas filas esta tempada, o Chapela.

Dende os primeiros intres do partido o equipo saíu centrado aínda que a defensa aberta das viguesas sorprendeu o ataque carballés. Por outra banda, as xogadoras xuvenís do Chapela foron quenes levaron a dianteira no ataque, chegando a situacións de un contra un ante o Calvo, que deron rédito ó Chapela. Con todo, o Calvo Xiria levou a dianteira desde o principio, chegando a un partcial de (3-10) nos primeiros quince minutos de xogo. A evolución do partido non foi afectada polos trocos da primeira metade, que mantiveron o ritmo durante todo o periodo.

Na segunda metade o Xiria mantivo a intensidade defensiva, que se adaptaba os ataques do Chapela pechando as posibilidades de chegar a liña de seis metros, pero as recuperacións de balón non tiveron efecto pola enorme cantidade de perdas de balón nos contraataques e lanzamentos sinxelos errados en posicional que deixaron un (2-10) de parcial nos primeiros vinte minutos. Con un pouco máis de calma, o equipo volveu a senda do gol e rematou co (9-36) favorable o final do partido con reparto de goles entre as xogadoras.

CIES Obra Civil Balonmán Chapela 9 – Calvo Xiria 36

CIES Obra Civil Balonmán Chapela (6+3): Paula Vila (2), Lucía Magariños, Julieth Salazar (1), Keila Colina, Paula Rodríguez (3), Lucía Cusi, Uxía Regueiro, Marta Vidal (1), Raquel Lago, Bianca Fernández, Aroa Silva, Tais Martínez, Paula Crespo (1), Noa Sánchez (1)

Calvo Xiria (18+18): Nadia Vázquez (p), María Patiño (3), Lara Souto (4), Lucía de la Torre (9), Tamara Pombo, Marina Rodríguez, Minia Calvo (2), Mara Garabaya (2), Natalia Solís (5), Marta Gómez (3), Duna Barca (5), Andrea Díaz (1), Valeria Figueroa (2), Sheila Ferreiro

Árbitros: Iria Rivera e Andrea Martínez

Marcador cada 5 minutos: 1-3, 2-6, 3-10, 4-14, 5-17, 6-18, 6-19, 8-23, 8-26, 8-28, 9-31, 9-36