CAMPIONATO AUTONÓMICO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS

INFANTIL MASCULINO
Os xogadores carballeses do Procasa Xiria Jorge Bouzas, Álex García, Martín Alfeirán, Rubén Gómez e Martín Gómez veñen de alzarse co título do Campionato Autonómico de Seleccións Provinciais coa Selección Provincial Coruñesa. Un campionato no que os xogadores carballeses tiveron unha destacada actuación e que non se decidiu, tal e como era de agardar, ata o derradeiro encontro que enfrontaba aos combinados coruñés e pontevedrés. Ao final unha igualada neste partido supuxo o título para os de Eduardo Patiño por mellor golaveraxe. Noraboa.

INFANTIL FEMININO
Non correron a mesma sorte as féminas que caían no derradeiro partido ante o combinado de Pontevedra, logo de chegar ambos conxuntos igualados a este derradeiro partido, acabando así o combinado coruñés na segunda posición. Felicitar ás rapazas carballesas do Asesoría Sueiro Xiria María García, Cristina Sande e Rosana Pombo pola consecución deste subcampionato.