CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIONS PROVINCIAIS

Mañá, mércores, dispútase en Santiago de Compostela unha nova edición do Campionato Galego de Seleccións Provinciais nas categorías Infantil Maculina, Infantil Feminina e Alevín Mixta.
Escolas de Balonmán Xiria aportará 13 xogadores/as aos combinados da provincia coruñesa, sendo o club que máis efectivos aporta. Serán 6 rapaces e unha rapaza nas categorías infantís e 6 rapaces en alevín.

– Infantil Masculina: Sergio Pombo, Francisco Rey, Andy Rey, Antón Traba, Mario Lema e Pablo Cambón.
– Infantil Feminina: Alba Rodríguez.
– Alevín: Juan Pereira, Daniel Regueiro, Alejandro Gómez, Íker Martínez, Franco Rial e Fernando Mallo.