Volvía a competición logo do parón polas vacacións de Nadal e aos nosos equipos alevíns tocáballes viaxar a Abegondo (Pavillón San Marcos) na mañá do sábado para disputar unha nova xornada de Bm7.
Primeiro era o turno das nosas nenas do Gestagua Xiria, que ás 10:00h saltaban a pista do Pavillón San Marcos para enfrontarse ao Abegondo Todo Deporte. O Gestagua non fixo un moi bo partido, con moitos erros de pase e de lanzamento, e aínda que o intentaron, íso fixo que se viran moi superadas polo equipo rival, quen conseguiu levarse todos os cuartos.
Abegondo Todo Deporte vs Gestagua Xiria: 12-4
Carla Martínez, Xulia Suárez, Andrea López, Elena Rodríguez, Sam López, Noa Quintela, Clara Graña, Elena González, Nerea Figueiras e Ana Antelo.
1º cuarto: 2-8
2º cuarto: 1-11
3º cuarto: 1-10
4º cuarto: 0-6
Por outra parte, ás 11:00h era o turno dos nosos alevíns do Gallega de Mallas Xiria, que se enfrontaban ao Gas Abegondo, un equipo con pouca experiencia, xa que moitos dos seus xogadores comezaron a xogar ao balonmán este memso ano, e o marcador reflexouno. Os nosos rapaces foron moi superiores e fixeron un gran partido, sobre todo defensivamente, e conseguiron levarse todos os cuartos con bastante solvencia.
Gas Abegondo vs Gallega de Mallas Xiria: 4-12
Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Xabi Fernández, Marcos Varela, Andrés Pedreira, Unai Cotelo, Xano Rama e Daniel Marta.
1º cuarto: 0-10
2º cuarto: 0-12
3º cuarto: 2-7
4º cuarto: 2-7
Un pensamiento sobre “Cara e cruz para os equipos alevíns nunha nova xornada de Bm7”
Los comentarios están cerrados.