Cara e cruz para os equipos infantis femeninos do Punta Del Este

Derrota pola mínima para as nenas do Punta del Este Xiria A da Liga Ouro na categoría infantil femenina ante un combativo Bm. Cañiza, que soubo manexarse mellor que as carballesas nun partido moi trabado. As locales sairon moi ben conseguindo adiantarse nos primeiros compases(4-2, min. 6), ainda así, os erros nos pases marcaron gran parte do primeiro tempo xunto con boas accions aisladas de ambos conxuntos(7-9 descanso). Na reanudación, o encontro non cambiou moito, e na línea da primeira parte, as pontevedresas lograron dominar con distancias sempre curtas, a maior un 8-11. O arreon final das locais non foi suficiente para poder sacar un empate que houbera sido merecido(12-13) O Punta del Este Xiria B arrancou a sua participación na Liga Prata cunha clara victoria ante o Bm. Carballiño. O equipo carballes arrancou con forza(5-0)nos primeiros minutos, un equipo donde varias xogadoras facian o seu debut e responderon moi ben nos minutos que lles tocou estar na pista. Unha victoria final por 24-15, que ben puido ser mais abultada se non fora polo bo facer da portería ourensana. A próxima semana, por mor das concentracións das seleccións galegas, ambos equipos descansarán.