Archivos de la categoría Cadete feminino

O Tubasys Xiria clasifícase para o Play Off cadete feminino

O Tubasys Xiria finalizou a súa fase de clasificación para o Play off cadete femenino no segundo lugar, despois de empatar a domicilio (17-17), este pasado sábado ante o Bm. Lalin no Lalin Arena.

As carballesas non realizaron un mal encontro pero foron lastradas no marcador polos moito erros no lanzamento, que poderían ter decantado o encontro de forma máis clara para elas.… Seguir lendo >>

Ampla representación das Escolas BM Xiria nas diferentes seleccións galegas

Os nosos equipos da base continúan recollendo os seus froitos e un importante número de xogadoras e xogadores do clube foron chamados para o inicio da preparación das diferentes categorías da Selección Galega, as cales xa comezan co seu proceso de preparación de cara ao campionato de España de seleccións autonómicas.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta imponse con autoridade ao Bueu ATL. Balonmán

O Hierros Varela Urbieta segue confirmando, partido tras partido, a súa clara melloría nesta segunda volta. Así, o pasado sábado, impúxose con autoridade ao Bueu ATL. Balonmán, evitando calquera tipo de sorpresa ante o último clasificado.

Despois do 1-1 inicial, o Hierros Varela Urbieta poñería a directa e pecharía filas ao redor da porteira Elena, que só encaixaría oito goles neste primeiro período.… Seguir lendo >>

Dez minutos de desconexión privan ao Hierros Varela urbieta dun mellor resultado ante un dos favoritos

É evidente que o Hierros Varela Urbieta está a crecer como equipo e así o testemuñan os resultados desta segunda volta, que melloraron substancialmente con respecto aos da primeira parte da tempada.

Tamén foi así no partido que lles enfrontaba o pasado sábado ao Soapel Lavadores, un dos conxuntos máis fortes da categoría que está situado nos postos altos da táboa, loitando por conseguir unha praza para o campionato de España.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela urbieta imponse con autoridade ao EDM. Salceda

O Hierros Varela Urbieta Xiria, que viaxaba con numerosas baixas de efectivos por lesión, superou este factor e impúxose de forma clara ao conxunto de Salceda de Caselas EDM Salceda. As carballesas mostráronse superiores e foron sempre por diante no marcador, iniciando o encontro cun parcial de 1-5 que obrigaba ao técnico local a esgotar o seu primeiro tempo morto nos instantes iniciais.… Seguir lendo >>