Hierros Varela Urbieta e Escolas Balonmán Xiria asinaron un acordo de colaboración e patrocinio polo que o segundo equipo cadete masculino, que competirá en segunda división (segunda categoría do balonmán tras a División de Honra), lucirá no seu nome e nas súas elásticas a marca da empresa carballesa ubicada no Polígono de Bértoa.… Seguir lendo >>
Hoxe comezan os adestramentos nas categorías de base das Escolas Balonmán Xiria, nas categorías xuvenil, cadete e infantil masculinas de División de Honra. Os equipos de segunda división cadete masculino, infantil masculino e infantil feminino tamén comezarán a adestrar nos vindeiros días.… Seguir lendo >>
As imprecisións defensivas do Xiria deron moitas facilidades ao ataque teucrista dende o inicio do encontro, recibindo demasiados goles do rival na primeira metade. … Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria 39 Balonmán Lavadores 29 (22-15)
Incio de Copa e vitoria para o Grupo Lemaco diante do conxunto vigués do balonmán Lavadores. O equipo carballés quedou encadrado no Grupo I xunto co Seis do Nadal, Teucro, Sar de Redondela, Chapela e o seu rival desta primeira xornada.… Seguir lendo >>
Balonmán Luceros 24 – Grupo Lemaco Xiria 30 (11-21)
Trinta primeiros minutos de magnífico xogo, foron suficiente para que o Grupo Lemaco dobregase e arrollase ao Luceros no Pavillón de O Gatañal.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria 22 Seis do Nadal Coia 37 (9-15)
Pouco puido facer un Grupo Lemaco baixo de efectivos ante o favorito para facerse co título de liga, a maior envergadura e superioridade no aspecto físico, foron determinantes no transcurso do encontro.… Seguir lendo >>
Dous equipos moi similares no terreo de xogo, pero o Xiria acusa nestes derradeiros encontros a falta de envergadura no centro da súa defensa. A baixa prolongada de Pedro Pereira, habitual defensor central, uníase esta semana a de Adrián Mesejo, que o estaba a suplir nesa faceta, o que tornou as posicións de partida dunha defensa que cada semana cede máis centímetros con respecto ao seus rivais.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria 36 – Balonmán Chapela 25 (16-15)
Tivo que centrarse en defensa e ordenarse en ataque o Grupo Lemaco para marcar diferenzas co seu rival, pois nos primeiros 30 minutos non atopou o sitio na pista e dou facilidades aos vigueses.… Seguir lendo >>
Poucos goles se viron no choque que disputaron na categoría cadete o Xiria e o Academia Octavio. Os Carballeses coa baixa dos seus máximos expoñentes no lanzamento exterior víanse obrigados a buscar accións combinadas na procura de espazo para as penetracións.… Seguir lendo >>