O pasado xoves 31 dabamos por finalizadas as nosas Escolas de Verán. Un ano máis puidemos gozar xunto aos pequenos e pequenas de diversas actividades coas que pasamos as mañás do verán da mellor maneira posible. Este pasado mes de agosto, ademais das actividades que viñamos realizando con normalidade (teatro, manualidades, medio ambiente e informática), contamos con diversas actividades extraordinarias: Concurso de gorros, festa de xogos tradicionais, balonmán na praza do concello, festa hawaiana e excursión ao museo do xoguete.… Seguir lendo >>
Rematou a quenda do mes de xuño para os nenos e nenas que participan nas Escolas de Verán. Queda atrás un mes de actividade, convivencia, sorrisos e amizades. Neste pasado mes desenvolveron actividades como teatro, xogos predeportivos, informática, manualidades, psicomotricidade, cine, horto ecolóxico, experimentos de física e química, saídas ao bosque, festa da auga, deportes e gravaron un videoclip.… Seguir lendo >>
Despedimos o mes de xullo co libdup, da canción “Dance like a Galician”, que realizaron os nenos e nenas participantes nas Escolas de Verán 2017 dirixidos polos monitores da actividade de teatro.
Xa se nos foi o mes de Xullo das XXIV Escolas de Verán de Escolas balonmán Xiria. Parece que foi onte cando empezaba unha nova edición destes campamentos de verán, pero a realidade é que despois de dezanove días de actividade, de convivencia, de sorrisos e de amizades, o vindeiro luns día 31 chegará a festa de clausura deste mes. … Seguir lendo >>
Xa está aberto o prazo para inscribirse nas «Escolas Deportivas e Culturais 2017» que organizar Escolas Balonmán Xiria, e que cumpren a súa 24ª edición. Clicando na imaxe poderás acceder a toda a información necesaria.
Os nenos e nenas despedíronse do campamento por este ano cunha entretida Festa Pirata, onde os máis peques fixeron a súa bandeira corsaria, e pasaron por varias probas que medían a súa pericia como grumetes.