O Punta Del Este Xiria, viaxaba a Lugo na mañá de hoxe para disputar a volta da semifinal de Copa en categoría infantil feminino. Despois da derrota sufrida a pasada semana en Carballo por 22-29 ante o rival de hoxe e na ida desta semifinal, as carballesas chegaban ao pavillón de Outeiro De Rei coa ambición de demostrar que o ocorrido facía sete días fora simplemente un mal día e así o certificaron cunha alta intensidade defensiva que servíu para que a vitoria viaxase cara a Carballo.… Seguir lendo >>
Xogábase a ida das semifinais da Copa Delegación, a cal enfronta á Punta del Este Xiria e o Bm Lucus. O partido disputouse o sábado no Ceip Fogar en Carballo. As xogadoras carballesas non atoparon o ritmo adecuado do partido nos primeiros 25 minutos e víronse superadas ante un Bm Lucus que se distanciaba no marcador sen facer un xogo brillante.… Seguir lendo >>
Volvía a competición para as xogadoras carballesas na Copa Federación, e facíano na casa, o domingo pola mañá, no pavillón Ceip Fogar ante o Bm Culleredo.
Ganas de afrontar esta Copa e ver o crecemento ao longo da tempada das xogadoras carballesas que se van afianzando na categoría e tratan de ser un equipo máis regular durante os 50 minutos de partido.… Seguir lendo >>
Ás 12:15 do sábado, no pavillón Ceip Fogar, en Carballo, daba comezo o enfrontamento entre a Punta do Leste Xiria e o Arteixo Bm.
As carballesas cunha liña evolutiva ascendente no seu xogo mostráronse superiores ao seu rival; que non foi capaz de superar a defensa 3:3 local, á que foi sometida e que lles serviu para conseguir os dous puntos á Punta del Este Xiria.… Seguir lendo >>
O factor físico foi determinante no encontro que disputaron o BM Xallas e o Punta do Leste Xiria este Domingo na categoría infantil feminino. As de ST. Comba, na súa maioría un ano maiores que as de Carballo, explotaron ese factor ao máximo, sacando proveito dunha defensa 6:0 moi compacta e pechada, infranqueable para as de Xiria ante a antropometría do seu rival.… Seguir lendo >>
O sábado pola mañá, en Carballo, puidemos gozar dunha nova xornada de balonmán no pavillón Ceip Fogar; onde os equipos infantís do Xiria recibiron ao Bm Culleredo.
Ás 11:00 empezaba o Marmolería José Rey Xiria. Bo partido no que se puido ver a progresión adquirida até este momento, ante un equipo superior no plano físico e que levou ao límite aos xogadores carballeses en cada acción.… Seguir lendo >>
Nova xornada nas ligas territoriais para os equipos infantís do Xiria. Desta volta viaxaban até Lugo o sábado pola mañá.
Abriría ás 10:00 o Marmolería José Rey Xiria, nunha primeira metade moi disputada onde a férrea defensa carballesa daríalle unha mínima vantaxe de dous goles ao descanso; 8 a 10.… Seguir lendo >>
Difícil encontro, o que tiña por diante o Punta del Este Xiria, este sábado en Carballo, ante un Camariñas que estaba entre os favoritos a alcanzar os dous postos cabeceiros a final da liga; ao contar con xogadoras de segundo ano.… Seguir lendo >>
O sábado en Oseiro, enfrontábanse o Arteixo Bm e o Punta del Este Xiria na categoría infantil feminina.
Desde o inicio do partido as xogadoras carballesas impuñan un ritmo alto de xogo; empezando polas tarefas defensivas e a portaría, que lles permitiría correr ao contraataque, e finalizar con goles as accións rápidas; onde a velocidade de balón foi o protagonista.… Seguir lendo >>
Comezaba a xornada na mañá do domingo coas infantís do Punta del Este Xiria ante un Bm Xallas que saía a disputar o partido coa máxima intesidad.
Aguantaron as carballesas até o minuto 10, a partir dese momento o Xallas avezado en defensa aproveitábase das perdas de balón e a mala elección no lanzamento das locais para subir ao contraataque e distanciarse no marcador.… Seguir lendo >>