Logrou os dous puntos en xogo o Punta del Este Xiria en base a defensa e portería, eido no que estivo máis atinado que na parcela ofensiva, sobre todo na finalización. Durante os primeiros intres do encontro se mantivo a igualdade froito dos numerosos erros de lanzamento que cometeron as xogadoras carballesas.… Seguir lendo >>
A pasada fin de semana os equipos das categorías territoriais infantís acadaron sendas vitorias ante o Bm Lucus, unida á vitoria do conxunto B de balonmán alevín 7.
Xustamente foron os alevíns os primeiros en saltar á cancha do Pavillón do CEIP Fogar ante o Bm Xallas.… Seguir lendo >>
A disputa da terceira xornada da 2ª división infantil feminina, levaría ás xogadoras do Punta del Este Xiria a viaxar a Camariñas para enfrontarse ao conxunto local.
Despois duns primeiros minutos igualados, a Esc mpal Camariñas lograba aos poucos distanciarse no marcador.… Seguir lendo >>
A disputa da segunda xornada da 2ª división infantil feminina, levaba a segunda vitoria ó marcador do Punta del Este Xiria.
As carballesas recibían no seu feudo ao Bm Xallas A, e desde o comezo deixaron claras as súas intencións de xogo e dominio do partido; cunha férrea defensa e rápidas subidas ao contraataque, distanciáronse no marcador.… Seguir lendo >>
A disputa da primeira xornada da 2ª división infantil feminina, levaba os primeiros dous puntos ao marcador do Punta del Este Xira que na súa visita a Novo Mesoiro derrotaba ao BM Ártabro por un claro 8 a 16.
Saían moi nerviosas as xogadoras carballesas e pouco concentradas nas tarefas a realizar para sacar o partido adiante, o que permitiu ao seu rival iniciar cun marcador favorable.… Seguir lendo >>