Gran vitoria das Infantis de Liga Ouro ante o equipo cangués nun partido moi disputado que puido caer de calquera dos dous lados.
Os nervios afloraron desde o primeiro momento onde as pontevedresas saíron máis confiadas nas súas opcións e aproveitaron os erros locais para abrir a primeira brecha no encontro (1-4, min.5).… Seguir lendo >>
O equipo infantil feminino do Punta del Este Xiria da Liga Prata acadou unha vitoria importante na casa este domingo ante o Bm. Abegondo, permitíndolle manter posicións altas na táboa, máis aínda despois da derrota do que era líder, o Bm.… Seguir lendo >>
Na mañá do sábado as carballesas viaxaron ata Vigo para disputar a cuarta xornada da Liga Ouro infantil femenina. Visitaban ao Bm. Chapela, un rival sempre complicado na súa casa que plantou cara ata os minutos finais. As de Carballo saíron moi aplicadas en defensa marcando diferenzas na primera parte (1-9, min.… Seguir lendo >>
Non puido ser, e o Punta del Este Xiria coñeceu a derrota na terceira xornada da Liga Prata infantil (18-16) .
O sábado pola mañá visitaban ó líder, o Bm. Lucense na Casa do Deporte en Lugo, nun dos encontros máis complicados e as nenas carballesas loitaron o encontro ata o final, tendo opcións de vitoria durante todo o encontro.… Seguir lendo >>
As carballesas viaxaron ata Lalín no partido correspondente á terceira xornada de Liga Ouro onde os dous con xuntos chegaban con pleno de vitorias e coliderando a clasificación xunto co Bm. Cangas. As de Zarra saíron máis sólidas na defensa ca o seu rival, conseguindo abrir unha diferenza de cinco goles (9-14) na primeira parte do encontro.… Seguir lendo >>
Segunda vitoria para o Punta del Este Xiria na Liga Prata infantil feminina.
Despois da súa vitoria na pista de Almeiras a semana pasada, o Bm. Brigantium visitou o CEIP Fogar o pasado sábado. As carballesas non foron capaces de abrir distancias no marcador, onde a pesar da boa defensa, non foron quen de superar con comodidade a defensa pechada das coruñesas.… Seguir lendo >>
O Nordata Xiria imponse en Lavadores ante o equipo vigués na segunda xornada da Liga Ouro.
As de Carballo enfrentábanse unha vez máis ante un rival co que xa coincidiu no play off de clasificación, e volveron a levar os puntos da súa visita a Vigo.… Seguir lendo >>
Desputábase este domingo o primeiro encontro da Liga Prata Infantil en Almeiras, Culleredo. Foi un comezo con bastantes dúbidas por parte dos dous equipos, con moitas pérdidas que xurdían polos nervios do primeiro partido de liga.
A primeira parte rematou 9-12 a favor do Punta del Este Xiria que foi quen de atopar gol con moito xogo co pivote e calma nos ataques.… Seguir lendo >>
O Nordata Xiria abriu a tempada na Liga Ouro cunha vitoria ante o actual campion galego, a Sar de Redondela. As locais mostráronse moi superiores desde os primeiros minutos. A defensa das carballesas volveu a ser un pilar importante onde se cimentou o triunfo, permitindo ás de Carballo correr e atopar goles en posicións cómodas (19-9, descanso).… Seguir lendo >>
O Punta del Este Xiria impuxose con solvencia no seu sector do Play Off e disputará un ano mais a máxima categoría autonómica.
Na tarde do venres, as carballesas abriron o sector cunha contundente vitoria ante o Galicia Social de Vigo (32-11) e sumando unha boa renda de goles que podían ser necesarios para posible desempate na clasificación.… Seguir lendo >>