Esta pasada fin de semana, o Punta Del Este Xiria infantil e o Hierros Varela Urbieta cadete, ambos de categoría feminina, conseguían na localidade de Salceda de Caselas e Lalín respectivamente, o dereito para competir esta tempada na máxima categoría do balonmán galego, a División De Honra.… Seguir lendo >>
O pasado sábado as rapazas do Punta del Este Xiria viaxaron a Vigo para desputar o seu último partido da tempada 2018-2019. Enfronte atopábase o A.D. Carballal, líder da competición que dende logo non iba poñer as cousas fáciles ás carballesas.… Seguir lendo >>
O partido entre Punta del Este Xiria e S.D. Teucro presentábase a priori igualado pois ambos equipos se atopaban cos mesmos puntos na táboa clasificatoria. Durante a primeira metade a falta de firmeza na defensa local facilitaba o ataque pontevedrés que se atopaba fácilmente con ocasións de gol.… Seguir lendo >>
O comezo do encontro foi moi errático por parte de ambos equipos, con imprecisións nos lanzamentos e nas recepcións. As xogadoras locais pouco intensas nos primerizos minutos de xogo, permitían que as xogadoras de Salceda chegaran a situacións claras de lanzamento facendo que a distancia no marcador se fora ampliando.… Seguir lendo >>
Bo partido o realizado polas infantís do Punta del Este Xiria, que viaxaban ata Porriño na xornada 2 da Copa Federación, que a pesar da derrota deixaron mostras do seu desenvolvemento ao longo do curso. A defensa 3:3 empeza dar os seus froitos; coas xogadoras mellor coordinadas segundo pasan os minutos de competición.… Seguir lendo >>
Segue na liña ascendente das últimas semanas o mozo conxunto carballés, que tratará de facer un bo papel na Copa Federación despois da súa primeira experiencia en división de honra.
Na mañá do sábado, o seu rival, o Bm Lavadores, antropométricamente superior, impuxo a lóxica no resultado final (21 a 33), pero as do Punta del Este Xiria, no que debutou a alevín Sara Méndez, xogaron un bo partido, e sendo cada vez máis regulares na faceta defensiva, con pequenos descoidos nas axudas, pero moi eficaces cando manteñen a concentración.… Seguir lendo >>
Este pasado sábado 17 de novembro o Punta del Este Xiria de División de Honra Infantil Feminino recibiu en casa ao AD Carballa «A».
O partido presentábase difícil para o conxunto carballes xa que o Carballal vai en primeira posición sendo un dos equipos máis fortes da liga, deste xeito as carballesas teríano difícil.… Seguir lendo >>
O pasado domingo 11 de novembro o Punta del Este Xiria desprazábase a Cangas para enfrontarse ao Balonmán Cangas, no pavillón Municipal O Gatañal, o encontro xogouse ás 12:30.
O partido comezaba cun Punta del Este metido de cheo en defensa, pechando ben entre dous, e contactando ben, o que facía que as do Cangas lles custáse lanzar.… Seguir lendo >>
O novo equipo carballés enfrontábase a un dos equipos fortes da categoría. A derrota era o de menos; o importante é seguir progresando nunha división nova para as xogadoras.
A progresión segue o seu curso, e para avanzar deben facer o seu propio partido sen mirar o resultado.… Seguir lendo >>