Archivos de la categoría Infantil Masculino Segunda

O Marmolería José Rey Xiria segue crecendo á conta do Camariñas

Partido moi disputado entre os dous conxuntos da Costa da Morte e que tivo emoción ata o final. Un derbi respectuoso onde puidemos gozar do balonmán.
Igualdade desde os primeiros minutos con intercambio de golpes no marcador. O Marmolería José Rey Xiria chegaba aos instantes finais da primeira parte por diante pero un gol local nos últimos segundos poñía o empate a 10 co que se chegaría ao descanso.… Seguir lendo >>

Primeira vitoria para o Marmolería José Rey Xiria

Tiña que ser no Vila de Noia, diante da súa afección e ante o Bm Xallas; onde o xoven equipo do Marmolería José Rey Xiria conseguise sumar os seus primeiros puntos; deixando ás claras a sua evolución.
Pero non se pode relaxar o conxunto carballés; que lle custou entrar no partido despois do parón do Nadal; e debe seguir preparándose fisicamente; para enfrontarse xa na segunda volta a equipos superiores en antropometría.… Seguir lendo >>