Archivos de la categoría Infantil Masculino

O Marmolería José Rey Xiria segue crecendo á conta do Camariñas

Partido moi disputado entre os dous conxuntos da Costa da Morte e que tivo emoción ata o final. Un derbi respectuoso onde puidemos gozar do balonmán.
Igualdade desde os primeiros minutos con intercambio de golpes no marcador. O Marmolería José Rey Xiria chegaba aos instantes finais da primeira parte por diante pero un gol local nos últimos segundos poñía o empate a 10 co que se chegaría ao descanso.… Seguir lendo >>

O Garaysa desaproveita a vantaxe da primeira metade

Última xornada da división de honra infantil e o Garaysa Xiria viaxaba ata Bueu sen necesidade de puntuar. Iso notouse na intención de puntuar duns xogadores que estiveron durante todo o partido demasiado relaxados. E é que na primeira parte, adquiriron unha vantaxe de seis goles grazas á efectividade para portería; a pesar de que defensivamente non tiñan a suficiente tensión.… Seguir lendo >>

O Garaysa Xiria imponse ao Carballal

Partido de alta tensión o vivido o sábado pola mañá no Vila de Noia. Enfrontábanse dous equipos parellos de forzas que tentaron mostrar un bo balonmán. Brillante actitude por parte dos dous equipos que se sobrepuxeron a unha mal arbitraxe.

Minutos iniciais igualados, onde os equipos tentaban buscar o ritmo de partido que máis lles favorecese, pero non eran capaces de mantelo durante un período constante.… Seguir lendo >>