Archivos de la categoría Infantil Masculino

Primeira vitoria para o Marmolería José Rey Xiria

Tiña que ser no Vila de Noia, diante da súa afección e ante o Bm Xallas; onde o xoven equipo do Marmolería José Rey Xiria conseguise sumar os seus primeiros puntos; deixando ás claras a sua evolución.
Pero non se pode relaxar o conxunto carballés; que lle custou entrar no partido despois do parón do Nadal; e debe seguir preparándose fisicamente; para enfrontarse xa na segunda volta a equipos superiores en antropometría.… Seguir lendo >>

Adrián Dubra e Andrés Vila fanse co bronce no Campionato de España na categoría xuvenil masculina

Os carballeses Adrián Dubra, como seleccionador, e Andrés Vila, como xogador, veñen de conseguir a medalla de bronce coa selección galega na categoría xuvenil masculina no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputou a pasada semana en Vigo e Pontevedra.… Seguir lendo >>

Seis xogadores das Escolas Balonmán Xiria disputarán o Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Seis rapaces das Escolas Balonmán Xiria estarán en Vigo e Pontevedra na disputa Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará do 2 ao 7 de Xaneiro nas ciudades galegas de Vigo e Pontevedra.  Trátase dos infantís Esteban Puñal, Martin Fuentes e Julián García do Garaysa Xiria, Alejandro Gómez e Mario Cancela do equipo cadete Grupo Lemaco Xiria e o xuvenil do Laber Xiria Andrés Vila.… Seguir lendo >>

Concentracións Seleccións Galegas

As distintas seleccións galegas levarán a cabo, a partir de mañá, as derradeiras concentracións para a preparación do Campionato de Esapaña de Seleccións Autonómicas que se disputa a vindeira semana na provincia de Pontevedra.

Seis rapaces das Escolas Balonmán Xiria acuden a estas concentracións posto que foron seleccionados para disputar o Campionato de España.… Seguir lendo >>

Boa primeira parte do Garaysa Xiria para conseguir os dous puntos

Na mañá do sábado; viaxaba ata Vigo o Garaysa Xiria, para enfrontarse ao Seis Do Nadal. Partido que se presentaba con favoritismo carballés; dada a posición na clasificación; con dous conxuntos pelexando por diferentes situacións. O Garaysa Xiria; tras os primeiros 25 minutos; non deu lugar á sorpresa; aproveitando en parte; a velocidade nos contraataques e a efectividade de Darío na portería, para establecer unha diferenza de 8 a 21 ao descanso.… Seguir lendo >>

Nova convocatoria das seleccións galegas

Seguen as boas novas para as Escolas Balonmán Xiria coas convocatorias da Preselección Galega.

Seis xogadores das Escolas Balonmán Xiria foron chamados para os adestramentos das correspondentes categorías da Preselección Galega de Balonmán. Trátase dos habituais Andrés Vila do Laber Xiria xuvenil, Alejandro Gómez e Mario Cancela do Grupo Lemaco Xiria cadete e os infantís do Garaysa Xiria Julián García, Esteban Puñal e Martín Fuentes.

Seguir lendo >>