Varios dos rapaces das categorías inferiores das Escolas Balonmán Xiria estarán esta ponte de decembro polas terras do Salnés concenctrados coa Preselección Galega de Balonmán correspondente, desputando o Torneo da Deputación de Pontevedra mentres preparan o inminente Campionato de España do mes de Xaneiro.… Seguir lendo >>
Archivos de la categoría Infantil Masculino
Decembro chega con convocatorias para as Seleccións Galegas
Concentracións Seleccións Galegas
Nova fin de semana de convocatoria de xogadores das Escolas Balonmán Xiria coa Preselección Galega.
Baixo a modalidade de concentración de dous días, 6 xogadores das Escolas Balonmán Xiria estarán concentrados esta fin de semana coa Preselección Galega de Balonmán correspondente..… Seguir lendo >>
Bo encontro do Garaysa Xiria ante o Bueu
Xornada 11 da división de honra infantil masculina; que pon fin á primeira volta.
O Garaysa Xiria moi mentalizado en conseguir os dous puntos para seguir aspirando ao máximo nunha apertada clasificación; fíxose coa vitoria despois de realizar un partido moi completo.… Seguir lendo >>
Derrota do Marmolería José Rey
Na mañá do sábado viaxaba o Marmolería José Rey Xiria a Lugo para enfrontarse ao Bm Lucus. O comezo do partido estivo marcado polos descoidos e a falta de intensidade dos carballeses. Con todo, mediado o primeiro tempo o equipo repúxose e comezou a defender anticipándose ao rival, isto e a gran actuación de Alex baixo paus fixo que o equipo comezase a recuperar balóns.… Seguir lendo >>
Dous cadetes e tres infantís volven ás Seleccións Galegas de Balonmán
Alejandro Gómez e Mario Cancela, do Grupo Lemaco Xiria cadete e Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal do Garaysa Xiria infantil volven a ser chamados pola Preselección Galega de Balonmán en cadansúa categoría.
Os cadetes adestrarán o domingo 19 de novembro ás 17:00 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra, mentres que os infantís o farán ás 17:00 horas no Pavillón Municipal O Gatañal de Cangas do Morrazo.… Seguir lendo >>
Dous vídeos partidos categoría infantil
2ª Div. Infantil Feminina: Garaysa Xiria Feminino – Parrillada La Ronda Arteixo Bm.
2ª Div. Infantil Masculina: Marmolería José Rey Xiria – Arteixo Bm.
O Marmolería José Rey Xiria perde ante a potencia do Arteixo Bm
Segunda xornada da segunda división infantil masculina; e o Marmolería José Rey Xiria recibía en Carballo ao Arteixo Bm. Este inicio de competición deixa ás claras que os carballeses deberán seguir traballando nos adestramentos; abrigo no aspecto físico; para poder competir contra xogadores de segundo ano; con máis experiencia e capacidades.… Seguir lendo >>
A efectividade para portería; dá dous novos puntos ao Garaysa Xiria
Vitoria importante para o Garaysa Xiria, que serve para situarse terceiro na clasificación. O Octavio, é un dos rivais directos na loita polos postos altos.
Tívose que sobrepoñer; o Garaysa Xiria ao forte inicio dos vigueses; 4 a 1 en apenas 3 minutos; que frearon cun tempo morto para ordenar as ideas.… Seguir lendo >>
Nova convocatoria seleccións autonómicas
As Escolas Balonmán Xiria seguen a nutrir á Preselección Galega de rapaces.
Seis rapaces do Balonmán Xiria foron convocados para os diversos adestramentos da Preselección Galega de Balonmán deste domingo día 12.
O xuvenil Andrés Vila do Laber Xiria, así como os cadetes do Grupo Lemaco Xiria Alejandro Gómez e Mario Cancela están citados para adestrar ás 17:00 horas no Pavillón Multiusos (Pontevedra).… Seguir lendo >>