Archivos de la categoría Infantil Masculino

Repartición de puntos entre o Garaysa Xiria e o Luceros

Penúltima xornada da primeira volta da división de honra infantil masculina; a cal enfrontaba ao Garaysa Xiria contra o Luceros de Cangas.
Desde o inicio do partido prevíase un encontro igualado. Os visitantes cargaban o seu xogo sobre o pivote e continuos desdobramentos para enfrontarse nun contra un sobre os avanzados da defensa 3:3 ben exposta polos carballeses; mentres na parcela defensiva xogarían un 5:1 moi pechado en zona centro onde se atascaba unha e outra vez o ataque do Garaysa.… Seguir lendo >>

O Garaysa Xiria aprende a sufrir e faise coa vitoria

Disputábase a novena xornada da división de honra infantil masculina, o Garaysa Xiria viaxaba até Vigo para enfrontarse ao Seis Do Nadal, un rival difícil, coas ideas claras, que sabe ben ao que xoga.
Ao comezo do partido o Seis do Nadal mandaba no marcador e no ritmo de xogo; dividindo o seu ataque en dúas fases, a primeira lenta e a segunda rápida e intensa cun bo xogo de progresións sucesivas e aproveitando a envergadura do pivote; xeraba moito espazo na estática defensa carballesa.… Seguir lendo >>

O Marmolería J. Rey consegue a súa primeira vitoria

Á terceira foi a vencida e o Marmolería J. Rey de categoría infantil, conseguíu a súa primeira vitoria en liga, despois de dúas xornadas nas que saíu derrotado por curtas diferenzas. O encontro de hoxe, disputado na Casa Do Deporte de Lugo, non tivo dificultades para os de Carballo, que se mostraron moi superiores ao seu rival desde o inicio e durante os cincuenta minutos que durou a contenda.… Seguir lendo >>

Os nervios poden co Marmolería José Rey Xiria

Na mañá do domingo o Marmolería José Rey Xiria recibía en Carballo ao Colexio Liceo, o partido empezaba ben para os liceístas, que se aproveitaban das perdas de balón locais para empezar con vantaxe 0 a 3. A partir dese momento o Marmolería mellorou o seu xogo, traballando ben en defensa e ordenados en ataque conseguían lanzamentos cómodos; chegando ao descanso empatados 12 a 12; con todo por decidir.… Seguir lendo >>