Esta fin de semana, carballo acolliu a Final Four infantil masculina da Liga Ouro no Vila de Noia.
Os nosos rapaces enfrentáronse na primeira semifinal ao Abegondo F40, partido que estivo marcado polo nerviosismo e polas numerosas perdas de balón. O encontro chegaba ao ecuador do partido cun 16-15 favorable aos locais.… Seguir lendo >>
Xa está aberta a pre-reserva de entradas para soci@s para os encontros do Calvo Xiria na Fase de Ascenso a División de Honra Prata Deputación da Coruña.
A pre-reserva pecharase o martes 1 de xuño ás 21:00
VENRES
20:00 CALVO XIRIA – BM MARACENA LA ESQUINITA DE JAVI
Todo preparado para a 28ª edición das Escolas de Verán Xiria. Un ano máis o CEIP Fogar de Carballo será a sede dun dos campamentos urbáns referencia na comarca de Bergantiños.
Máis de 200 nen@s desfrutan cada ano do campamento no que se combinan actividades deportivas, culturais e lúdicas á vez que seguen evolucionando na súa educación a través de valores como a solidariedade e o compañeirismo.
Nesta edición de 2021 queremos incluír novidades relacionadas coa coidado do medio ambiente e os hábitos de vida saudable.… Seguir lendo >>
Logo de clasificarse na Final Four de Pontevedra esta fin de semana do 14 ao 16, o Laber vai a estar disputar o sector do campionato de España en Pamplona, no pavillón do Anaitasuna. O Laber vai a pelexar por unha praza que lle de dereito a estar entre os 8 mellores equipos de España.… Seguir lendo >>
A canteira das Escolas Balonmán Xiria volveu dar mostras de atoparse entre as mellores de Galicia, o seu equipo Cadete Grupo Lemaco A demostrou o seu nivel balonmanístico e a súa competitividade clasificándose para a final desta fase e cedendo nun partido igualado e moi rifado ante o Balonmán Culleredo
SEMIFINAL: Oar Ciudad 27 – Grupo Lemaco Xiria A 28 – (12-14)
Comezaba o sábado o Grupo Lemaco medíndose na semifinal ante o anfitrión, o Oar Ciudad.… Seguir lendo >>
Bonito e desputado encontro o vivido esta xornada entre o Punta del Este Xiria e o Balonmán Porriño “A”.
Os dous equipos plantexaron unha defensa 3:3 pouco profunda que poñía en serios apuros os ataques rivais. O Porriño, máis acertado na faceta goleadora, tomaba as primeiras vantaxes no electrónico, situándose no minuto 12 de partido 4 goles arriba.… Seguir lendo >>
O pasado domingo, día 25, o Garaysa viaxaba ata Tui para xogar o partido da xornada 8 da segunda fase de liga do grupo A.
Os carballeses, logo de unha fin de semana de descanso tiñan a difícil tarefa de mellorar os partidos anteriores e continuar así nunha liña ascendente.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria 35 – Balonmán Porriño 30 (15-14)
Chegaba a Carballo invicto o Balonmán Porriño, as baixas no Grupo Lemaco facían que o partido tivera un fácil prognostico en favor dos visitantes, superiores na clasificación, pero os xogadores locais creron dende o primeiro minuto na vitoria que acabarían conseguindo ao final.… Seguir lendo >>
O noso equipo xuvenil feminino desprazouse o pasado domingo ata o pavillón da Bombonera en Redondela para xogar ante o SAR Ledisson na loita pola segunda praza do grupo. Esperábase un partido intenso e con marcador axustado e iso foi o que aconteceu na primeira metade, pero trala volta do descanso o equipo local amosouse moi superior e as nosas non foron quen de achegarse o suficiente no marcador.… Seguir lendo >>