A canteira das Escolas Balonmán Xiria volveu dar mostras de atoparse entre as mellores de Galicia, o seu equipo Cadete Grupo Lemaco A demostrou o seu nivel balonmanístico e a súa competitividade clasificándose para a final desta fase e cedendo nun partido igualado e moi rifado ante o Balonmán Culleredo
SEMIFINAL: Oar Ciudad 27 – Grupo Lemaco Xiria A 28 – (12-14)
Comezaba o sábado o Grupo Lemaco medíndose na semifinal ante o anfitrión, o Oar Ciudad.… Seguir lendo >>
Bonito e desputado encontro o vivido esta xornada entre o Punta del Este Xiria e o Balonmán Porriño “A”.
Os dous equipos plantexaron unha defensa 3:3 pouco profunda que poñía en serios apuros os ataques rivais. O Porriño, máis acertado na faceta goleadora, tomaba as primeiras vantaxes no electrónico, situándose no minuto 12 de partido 4 goles arriba.… Seguir lendo >>
O pasado domingo, día 25, o Garaysa viaxaba ata Tui para xogar o partido da xornada 8 da segunda fase de liga do grupo A.
Os carballeses, logo de unha fin de semana de descanso tiñan a difícil tarefa de mellorar os partidos anteriores e continuar así nunha liña ascendente.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria 35 – Balonmán Porriño 30 (15-14)
Chegaba a Carballo invicto o Balonmán Porriño, as baixas no Grupo Lemaco facían que o partido tivera un fácil prognostico en favor dos visitantes, superiores na clasificación, pero os xogadores locais creron dende o primeiro minuto na vitoria que acabarían conseguindo ao final.… Seguir lendo >>
O noso equipo xuvenil feminino desprazouse o pasado domingo ata o pavillón da Bombonera en Redondela para xogar ante o SAR Ledisson na loita pola segunda praza do grupo. Esperábase un partido intenso e con marcador axustado e iso foi o que aconteceu na primeira metade, pero trala volta do descanso o equipo local amosouse moi superior e as nosas non foron quen de achegarse o suficiente no marcador.… Seguir lendo >>
O Hierros Varela Urbierta Xiria desprazouse o pasado domingo, por segunda vez nesta tempada, ata Santa Comba para medirse ó BM. Línea 21 e foi quen de volver cos dous puntos nun partido no que as carballesas dominaron dende o comezo.… Seguir lendo >>
O Balonmán Saeplast Cañiza visitaba a pista do CEIP Fogar, que ocolleu público por primeira esta tempada, no derradeiro encontro da primeira fase do campionato, co claro rol de favorito ó non ceder ningún punto dende que comezou a tempada, pero a vitoria quedou en Carballo con encontro excepcional das nosas.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria 40 – Balonmán Rodeiro 29 (20-13)
Dúas xornadas e dúas vitorias para o Grupo Lemaco A na Liga Ouro. Visitaba Carballo un perigoso Balonmán Rodeiro con xogadores de características parecidas aos carballeses, moita mobilidade, velocidade nas accións e calidade no lanzamento a portería.… Seguir lendo >>
O Goldie Xiria Carballo Turismo retomou a competición o pasada sábado na Cañiza ante un rival invicto que impuxo o seu ritmo dende case o comezo do encontro, aínda que as nosas, por momentos, foron superiores en moitas das fases de xogo a pesar do abultado resultado final.… Seguir lendo >>
O pasado sábado día 6 voltaba a competición de base ao Vila de Noia despois de semanas de parón debido ás restriccións derivadas da pandemia. A raíz desta inactividade a competición tivo que adaptarse de maneira que, a competición da Liga Ouro na que participa o Laber vaise a disputar a unha soa volta.… Seguir lendo >>