Archivos de la categoría Noticias do Clube
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria
Estimado socio:
Por medio da presente, de conformidade co disposto no Artigo 17.1 dos Estatutos Sociales vixentes convócaselle a Asemblea Xeral Ordinaria da entidade ESCOLAS BALONMAN XIRIA a celebrar nas dependencias do FORUM DE CARBALLO, sito na Praza dos Bombeiros Voluntarios (A Milagrosa), de Carballo o próximo día 01 de outubro de 2014, mércores, as vinte horas en primeira convocatoria e as vinte trinta horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.… Seguir lendo >>

Inicio de tempada nas escolas
Escolas Balonmán Xiria inicia a andaina da tempada 2014 / 2015 nas categorías mini, benxamín, alevín e feminino a partires do luns 08/09/2014.
Agardamos contar ca vosa presenza dende o primeiro día.
Lembrade que durante o mes de setembro a actividade ten carácter gratuíto e podedes invitar a participar a tod@s @s vos@s amig@s
E por grupos os horarios a partires de hoxe son os seguintes:
MINI (nados anos 2010, 2009 e 2008)
Martes e xoves: 17:30 – 19:00
BENXAMÍN (nados anos 2007, 2006 e 2005)
Luns, martes e xoves 17:30 – 19:00
ALEVÍN (nados anos 2004 e 2003)
Martes, mércores e venres 17:30 – 19:00
Este equipo e de nova e creámolo polo interés que percibimos ao remate da tempada pasada por parte dun grupo de nenas bastante numeroso.… Seguir lendo >>

TORNEO DE BALONMÁN PRAIA SEREAS E PIRATAS
O Bm Chelsea De Maná conseguiu facerse co título, na primeira edición deste torneo, tras derrotar na final ao Os Muñecos na tanda de penaltis, logo de gañar unha parte cada un dos equipos.
Tras a disputa da primeira xornada, abríase o sábado ás 12.00 os cruces, o primeiro deles unha repesca para clasificarse para os cuartos de final.… Seguir lendo >>
ESCOLAS BALONMÁN XIRIA PARTICIPA NUN PROXECTO EUROPEO SOBRE O VALOR SOCIAL E EDUCATIVO DO DEPORTE
ESCOLAS BALONMÁN XIRIA PARTICIPA NUN PROXECTO EUROPEO SOBRE O VALOR SOCIAL E EDUCATIVO DO DEPORTE, XUNTO CON ENTIDADES DE ESLOVAQUIA, GRECIA, ITALIA E FRANCIA
A entidade carballesa Escolas de Balonman Xiria participa no proxecto europeo ‘Sport practices and social inclusion’ (Práctica deportiva e inclusion social), financiado polo Programa Europeo GRUNDTVIG Learning Partnerships xunto con outras catro entidades FRANCE AMÉRIQUE LATINE de Paris (Francia), CENTRO REXIONAL DE XUVENTUDE de Kosice (Eslovaquia), ASSOCIAZIONE CULTURALE ENZIMISTUDIO de Turín (Italia) e FILOXENIA, Kentro Diapolitismikon Programmaton kai Antallagon de Corinto (Grecia).… Seguir lendo >>
Presentación equipos tempada 2011/2012
VIII TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN CONCELLO DE CARBALLO
Esta fin de semana Carballo acolle a disputa do «VIII Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo» que se disputa nas categorías cadete e xuvenil coa presenza de destacados equipos de España e Portugal nas dúas categorías.
Na categoría xuvenil participan, xunto cos anfitrións do Ifecgás Pereira Xiria, Ademar de León, ABC de Braga e Grupo Astur Bm.… Seguir lendo >>
RENOVACIÓN ADESTRADORES CATEGORÍAS DE BASE
Fernando Vázquez Quinteiro e Pablo Filgueira Carballo continuarán adestrando á base das Escolas de Balonmán Xiria. Os dous adestradores estarán ás ordes do Director Técnico e Deportivo, Marcos Rodríguez, e xunto con Marcos e algún dos xogadores do equipo sénior ocuparanse da preparación dos equipos de base do club carballés, que ano pasado contou con 11 equipos nas categorías de base máis o grupo de prebenxamíns.… Seguir lendo >>
Renovación adestradores categorías de base
Fernando Vázquez Quinteiro e Pablo Filgueira Carballo continuarán adestrando á base das Escolas de Balonmán Xiria. Os dous adestradores estarán ás ordes do Director Técnico e Deportivo, Marcos Rodríguez, e xunto con Marcos e algún dos xogadores do equipo sénior ocuparanse da preparación dos equipos de base do club carballés, que ano pasado contou con 11 equipos nas categorías de base máis o grupo de prebenxamíns.… Seguir lendo >>
I TORNEO BALONMÁN HERBA ESCOLAS BALONMÁN XIRIA
Mañá sábado, 21 de maio, terá lugar o «I Torneo de Balonmán Herba Escolas de Balonmán Xiria».
Diputarase entre as 16.00 h e as 19.00 h nas Instalacións Deportivas do Grupo Calvo (A Revolta s/n, Carballo) e nel participarán os rapaces e rapazas infantís, alevíns e benxamíns das Escolas de Balonmán Xiria, CEIP Fogar e Escola Municipal de Santa Comba.… Seguir lendo >>