Archivos de la categoría Noticias do Clube

SINATURA DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A CRUZ VERMELLA E AS ESCOLAS DE BALONMÁN XIRIA

Hoxe luns, 6 de setembro, ás 17.30 h, nas instalacións do Pavillón da Zona Escolar, procederase á sinatura do acordo de colaboración entre a Asemblea da Cruz Vermella de Carballo e as Escolas de Balonmán Xiria. Mediante este acordo a recadación integra da venda de entradas dos encontros que dispute o Calvo Xiria na 1ª Estatal serán doadas á asociación benefica que pasará a xestionar a taquilla do pavillón nestes encontros.… Seguir lendo >>

Iván Amarelle non continuará no Calvo Xiria. O xogador carballés incorporarase á disciplina do Octavio da División de Honra Prata. Dende a familia de Xiria énchenos de satisfacción que clubs de categorías superiores poñan os seus ollos nos nosos rapaces e só nos queda desexarlle a Iván toda a sorte do mundo nesta nova andaina e que o seu crecemento deportivo poida chegar e aspirar ás cotas máis altas.… Seguir lendo >>

PABLO FILGUEIRA INCORPORASE AO CORPO TÉCNICO DAS E. BM. XIRIA

Pablo Filgueira Carballo incorpórase ao corpo técnico das Escolas de Balonmán Xiria. Dirixirá ao equipo cadete de Segunda División, Procasa Xiria, a un dos 3 equipos alevíns, o Lista Granit Xiria, e traballará nas escolas deportivas do CEIP A Cristina.

O técnico pontevedrés, de 26 anos, está licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (INEF) pola Universidade de Vigo.… Seguir lendo >>

PRESENTACIÓN DO XII XIRIAPOP

Esta mañá, na Casa do Concello de Carballo, tivo lugar a presentación da 12ª edición do festival XiriaPop que reunirá na sala Dublín da vila carballesa, os día 18 e 19 de setembro, a bandas do panorama nacional e internacional.
No acto participaron Xabier Graña, por parte da organización (O Molete Psicopop e AD Xiria), Evencio Ferrero, alcalde de Carballo e Marcos Trigo, concelleiro de Mocidade.… Seguir lendo >>

HOMENAXE A JULIÁN DÍAZ DEL VALLE

Este sábado, 4 de abril, realizaranse varios actos para renderlle homenaxe ao ex-xogador do club Julián Díaz de Valle, falecido recentemente. Estes actos comezaran ás 17.00 h cun partido no que participarán amigos, xogadores veteranos e ex-xogadores do club e prolongaranse ata o inicio do encontro de 1ª Estatal que comeza ás 19.00 h, onde se gardarán uns intres de silencio na súa honra así como na de Carlos Cambón, directivo da AD Xiria falecido este mércores.… Seguir lendo >>