Archivos de la categoría Noticias do Clube

Presentación Tempada 2007-2008

O pasado sábado reuniuse toda a familia balonmánistica do Xiria para realizar a presentación oficial de todos os equipos do club.

Presentáronse un total de 15 equipos: dous equipos sénior masculinos Calvo Xiria de 1ª División Autonómica e Ifecgás Pereira Xiria de 2ª División Autonómica, Garaysa Xiria de categoría xuvenil masculina, Oak English Centre Xiria cadete masculino, Punta del Este Xiria cadete feminino, Ifecgás Pereira Xiria e Procasa Xiria infantís masculinos, Asesoría Sueiro Xiria infantil feminino e os sete equipos das Escolas de Balonmán Caixanova Xiria (tres equipos alevíns mixtos, tres equipos benxamíns mixtos e un prebenxamín).… Seguir lendo >>

Presentación do X PopXiriaPop

Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello de Carballo o acto de presentación do «X PopXiriaPop» que se celebrará esta fin de semana en Carballo. Interviron no acto Xabier Graña, por parte da organización, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, Marcos Trigo, concelleiro de Xuventude, e Belén Lendoiro, concelleira de Cultura, quenes explicaron os pormenores do festival.… Seguir lendo >>

Presentación Tempada 2007-2008

Esta mañá, tivo lugar, nas instalacións de Conservas Calvo en Carballo, principal patrocinador do club, a presentación do Calvo Xiria para a campaña 2007 / 2008. Un acto ao que asitiu o presidente da Asociación Deportiva Xiria, Luciano Calvo, o concelleiro de Deportes do Concello de Carballo, Marcos Trigo, o xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García, a xunta directiva da Sección de Balonmán da AD Xiria e varios colaboradores e afeccionados do club.… Seguir lendo >>

España-Portugal

A Casa do Concello acolleu este mércores, 23 de maio, a presentación do partido amistoso que enfrentará ás seleccións de España e Portugal o vindeiro venres, no Pavillón Vila de Noia, a partir das 20,30 horas. O encontro serviralle ao combinado nacional de preparación para a eliminatoria que disputará fronte a Turquía, clasificatorio para o Campionato do Mundo.… Seguir lendo >>

Homenaxe a José Manuel Barreiro

O vindeiro sábado, día 24 de febreiro, a A.D. Xiria realizará unha homenaxe a José Manuel Barreiro no Pavillón da Zona Escolar.
Disputaránse a partir das 16.30 h varios partidos nos que participarán deportistas que nalgún momento da historia do club formaron parte dos nosos equipos, dende os comezos ata o de agora, así como xente que no instituto xogaba ao balonmán con José Manuel.… Seguir lendo >>

Toni García, adestrador do infantil Femenino

A sección de balonmán da AD Xiria ven de confirmar a fichaxe de Toni García como novo adestrador do equipo Infantil Feminino, Escola de Balonmán Xiria. Ademáis, Toni García realizará outras tarefas relacionadas co traballo das categorías base do clube. Toni García xa formara parte da disciplina do Xiria e, á súa etapa como xogador, sucedeu unha nova como adestrador do primeiro equipo.… Seguir lendo >>

Toni García novo adestrador do equipo Infantil Feminino

A sección de balonmán da AD Xiria ven de confirmar a fichaxe de Toni García como novo adestrador do equipo Infantil Feminino, Escola de Balonmán Xiria. Ademáis, Toni García realizará outras tarefas relacionadas co traballo das categorías base do clube. Toni García xa formara parte da disciplina do Xiria e, á súa etapa como xogador, sucedeu unha nova como adestrador do primeiro equipo.… Seguir lendo >>

Programa Mas Pega en BERTV

A partir de mañá xoves, 5 de outubro, poderás seguir toda a actualidade do Balonmán Xiria a través do programa de televisión «Más Pega», no canal BERTV. «Más Pega» será un programa semanal de 30 min. de duración que se emitirá todos os xoves entre as 22.00 h e as 22.30 h e que será presentado por Juan Luís Silva.… Seguir lendo >>