Archivos de la categoría Previa Xornada

Fin de semana repleto de balonmán

En Escolas Balonmán Xiria afrontamos un fin de semana repleto de balonmán, desde os equipos senior masculino e feminino, ata os benxamíns da casa, que este fin de semana disputarán a primeira xornada da tempada en BM5.

O Calvo Xiria de 1ª nacional visitará o Grove coa idea de conseguir os dous puntos en xogo e desta forma continuar nos postos de privilexio, a un punto do líder como mínimo.… Seguir lendo >>

fin de semana de derbis

Este fin de semana avecíñase como unha xornada de emocións fortes en Escolas Balonmán Xiria e é que entre o Sábado e o Domingo, disputaranse ata tres derbis nas diferentes categorías:

O derbi máis esperado será o que este Sábado disputen no pavillón de San Francisco Xabier da Coruña o OAR e o Calvo Xiria de 1ª nacional ás 20:00h, un partido complicado para os carballeses ante o bo cadro de persoal dos oaristas.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria quere seguir a liña marcada ata o momento

O sábado ás 18:00 no Vila de Noia; recibe o Calvo Xiria ao Vilatrade Bm Lavadores; co propósito de seguir sumando, xa que ao refacho de resultados acompáñalle o bo xogo do equipo. Quere seguir por esa senda; pero non llo poñerá nada fácil o Bm Lavadores que aínda non coñece a derrota e que tratará de desenmarañar a defensa dos carballeses; e frear o seu ritmo de xogo.… Seguir lendo >>

Difíciles enfrontamentos para os equipos de E.BM.Xiria este fin de semana

Despois da primeira vitoria en casa fronte ao Teucro, o Calvo Xiria de 1ª nacional afronta unha saída complicada para enfrontarse ao Academia Octavio. O equipo olívico, que se reforzou con xogadores veteranos cun amplo currículo no panorama balonmanístico, parte como un dos favoritos para ocupar as posicións máis altas da táboa de clasificación.… Seguir lendo >>