Importante xornada para os equipos sénior de Escolas Balonmán Xiria a que se disputa este sábado no Vila de Noia, coma ven sendo habitual ás 18:00 e 20:00. A primeira quenda será para o Calvo Xiria, que necesita a vitoria ante o Cisne Bm, segundo clasificado, para non perder a estela dos postos máis altos.… Seguir lendo >>
Novo fin de semana repleto de partidos para Escolas Balonmán Xiria. Arrincará o sábado ca disputa da competición de minibalonmán no Pavillón do Fogar. Ás 10:30 horas xogarán os equipos benxamíns: Bm Xallas – Laber Xiria e Grupo Lemaco – Oak English Centre.… Seguir lendo >>
Comeza un ciclo de duros enfrontamentos para o Calvo Xiria esta fin de semana, tres xornadas moi importantes nas aspiracións dos carballeses nesta tempada, xa que se enfronta ao primeiro, segundo e quinto clasificado. Abrirase este ciclo no Vila de Noia o sábado ás 6 da tarde.… Seguir lendo >>
Duelos provincias en todas as categorías para Escolas Balonmán Xiria. Abrirá este carrusel o Calvo Xiria ante o Bm Ártabro no Pavillón de Novo Mesoiro o sábado ás 18:30 horas, co obxectivo de acadar dous puntos para manterse na zona máis alta da táboa clasificatoria.… Seguir lendo >>
Xogará por segunda semana consecutiva o Calvo Xiria coma local, enfrontándose ao Vitaldent Bm. Pontevedra na sétima xornada da liga de 1ª Estatal, e o fará no seu horario habitual de sábado ás seis da tarde. Logo dun derradeiro partido pouco vistoso cara ao seareiro agárdase que o conxunto carballés amose a súa mellor faciana para enfrontarse a un rival que transita na parte media da táboa con seis puntos.… Seguir lendo >>
Xoga entre sábado e domingo doce partidos Escolas Balonmán Xiria nesta xornada, once deles en Carballo O primeiro equipo en entrar en liza será o Infantil Territorial do Marmolería José Rey Xiria, que repite como local nesta 2ª xornada, na que tentarán sumar outra vitoria que os manteña líderes do Grupo I.… Seguir lendo >>
Derbi para o Calvo Xiria que visita o Pavillón de San Francisco Javier da Coruña para xogar ante o OAR este sábado ás 18:30. Duelo entre dous equipos que esta tempada firman unha traxectoria moi similar ata o de agora. O conxunto coruñés reforzouse con xogadores con experiencia na categoría, entre eles o carballés Hugo Rodríguez que o pasado ano militaba no Calvo Xiria.… Seguir lendo >>
Xoga o Calvo Xiria este sábado ás 18:00 no Vila de Noia ante o outro equipo chamado a quedar campión do grupo A da 1ª Estatal, xa que si a pasada xornada visitou ao Atl. Novás esta será o Chapela o seu rival, sendo a dupla de sinalados para xogar a fase de ascenso.… Seguir lendo >>
O sábado a partir das 19:00 renderá o Calvo Xiria visita a un dos terreos máis complicados da categoría, o Pavillón Municipal do Rosal, sede do Acanor Atl. Novás, que a pesar dun arranque de tempada un pouco errático é un dos equipos chamados a ocupar praza para a fase de ascenso.… Seguir lendo >>
Xoga o Calvo Xiria esta xornada na casa, e o fará ante un dos equipos chamados a estar na parte máis alta da táboa clasificatoria ao rematara da tempada, o Balonmán Lalín. Será no Pavillón Municipal Vila de Noia a partires das 18:00 horas.… Seguir lendo >>