O Goldie Xiria enfrontouse, no día de onte, a un dos conxuntos máis potentes da 1ª autonómica feminina. O Vila de Noia parecía que ía ser o marco dun choque desigual e aínda que así foi, as de Carballo mostraron unha clara melloría no seu xogo nos primeiros trinta minutos do envite. … Seguir lendo >>
O Goldie Xiria comezaba a liga 2016/17 e facíao lonxe de Carballo, concretamente na localidade pontevedresa do Grove. As xogadoras bergantiñáns, partían cara ao seu destino ás 14:30 do pasado Sábado, para enfrontarse no novo pavillón do Grove ao potente equipo do Rasoeiro, dirixído por Pablo Filgueira, técnico que o foi durante os últimos seis anos de Escolas Balonmán Xiria.… Seguir lendo >>