Archivos de la categoría Senior Femenino

A condensación déixanos sen un emocionante partido entre o Goldie Xiria e o Asmubal Meaño

Cando transcorría o minuto 17:57 e tras varios resbalóns das xogadoras, ambos os equipos en consenso cos árbitros puxeron fin ao partido debido á condensación.

Ata ese momento o encontro transcorría con igualdade na que as xogadoras do Goldie Xiria; estiveron máis acertadas cara a portería o que lle permitiu ir cunha pequena vantaxe de dous goles.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria mantense na pelexa despois dunha intensa dobre xornada.

O venres no pavillón Ceip Fogar, en Carballo, as xogadoras do Goldie Xiria dominaron un encontro ao que a SAR Ledisson, acudía con algunha baixa, abrigo en primeira liña.

Logo duns primeiros minutos nos que a ambos os equipos custoulles ver portería, o Goldie Xiria afinou puntería e comezou a aumentar a súa vantaxe no marcador grazas a unha gran eficacia en ataque.… Seguir lendo >>

O mellor e o peor Goldie Xiria da tempada perde na Guarda

Enlace del partido:

Partido correspondente á xornada 13 de 1ª Autonómica feminina. O Goldie Xiria viaxaba para enfrontarse ao Mecalia Atl Guardés.
Empezaba ben o partido para as de Carballo. Traballando ben en defensa e cómodas na subida do contraataque conseguían a primeira diferenza de 3 goles que obrigou ao Guardés para parar o partido e reestruturar ás súas xogadoras.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria culmina a remontada ante o Saeplast Bm Cañiza ?

Encontro con moitas emocións, continuos altibaixos de ambos os conxuntos e onde o Goldie Xiria remontou ata por tres ocasións un resultado adverso; para finalmente levar a vitoria e seguir progresando na clasificación xeral.

Os primeiros minutos do partido, ambos os equipos con moitas imprecisións e precipitacións no ataque, mantuveron a igualdade ata o minuto 10.… Seguir lendo >>