Archivos de la categoría Senior Femenino

Excelente vitoria do Goldie Xiria

Bo partido o que puideron presenciar os afeccionados ao balonmán o sábado pola tarde entre o Goldie Xiria e o A.D. Carballal. O pavillón Ceip Fogar encheuse a pesar do mal tempo e as xogadoras carballesas agradecéronllo cun bo partido e unha vitoria que as sitúa entre as cinco primeiras clasificadas, nunha 1ª Autonómica que brilla pola igualdade que hai en todos os partidos.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria imponse no primeiro derbi da tempada.

Non foi o mellor encontro para as bergantiñás, que conseguiron os dous puntos ante o Camariñas pola actuación da segunda metade, onde souberon elevar o ritmo de xogo e encaixar unicamente 4 goles.

Empezou mellor o equipo local, con moita forza e carácter, como nos ten afeitos en todos os partidos as de Camariñas, que co paso dos minutos; o desgaste físico permitía ao Goldie tomar o control no marcador.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria acaba a tempada en cuarta posición

O partido contra o Atlético Guardés era o último da tempada e o Goldie Xiria viaxaba baixo mínimos, coas baixas por distintas razóns de Natalia, Zeltia, Soraya, Raquel e Támara. Difícil de competir con tan poucas xogadoras; pero as que viaxaron, realizaron un excelente encontro no que o factor físico mediada a segunda metade, foi determinante para o resultado final de 21 a 16.… Seguir lendo >>