Na xornada dúas; recibía o Goldie Xiria ao Coreti Lalín en Carballo. Era o primeiro partido na casa, e as xogadoras querían mostrar o progreso do equipo dedicándolle a vitoria á afección. Pero as lalinenses, expuxeron unha defensa 6:0 que o Goldie non soubo atacar.… Seguir lendo >>
Primeira xornada de liga para o Goldie Xiria; que viaxaba ata Ourense, para enfrontarse ao Nova Xestión Pavillón. Facíao aínda coas baixas por lesión de Jessica Posse, Soraya Martínez, e Sara Pose.
Non se ían a engurrar as carballesas; que a pesar de non empezar da mellor maneira o encontro, con 4 a 0 de parcial; que non reflectía a realidade do que estaba a pasar; xa que as ocasións eran claras pero non acababan de materializalas; con 5 fallos de lanzamento de 6 metros impedían anotar ao Goldie.… Seguir lendo >>
Estreábase o Goldie Xiria con moitas caras novas nun amigable ante o Bm Ferrolterra antes do inicio de Liga que será o sábado 23 de setembro ás 17:30 no pavillón Os Remedios en Ourense ante o conxunto de Nova Xestión Pabellón.… Seguir lendo >>
O Goldie Xiria saíu derrotado no Vila De Noia ante o BM. Carballal no día de hoxe por un resultado de 25-31. Logo dos primeiros trinta minutos, prevíase un desenlace final moito máis axustado e é que ao termino do primeiro tempo as carballesas dominaban por 14-13 e mostráronse lixeiramente superiores ao seu rival.
Non foi o mellor día das mozas de ouro en Tui e o equipo local, que se mostrou moi superior desde os inicios, impúxose con comodidade en todas as facetas do xogo. Os lanzamentos das dúas laterais tudenses impoñíanse á retagarda carballesa cun 100% de efectividade e o ataque posicional das verdinegras non respondía moito mellor, atopando demasiadas dificultades na circulación do balón e estrelándose unha e outra vez na defensa ou na porteira do conxunto amarelo.… Seguir lendo >>
Partido moi igualado o disputado na mañá do domingo no Carballo Calero entre o Goldie Xiria e o Encaixes Camariñas. Antes do inicio do mesmo a Selección Española W19 fixo unha visita na mesma instalacións aos equipos femininos de Escolas Balonmán Xiria, xesto moi amable, de agradecer por parte das internacionais españolas.… Seguir lendo >>
O Goldie Xiria logrou unha importante vitoria en Redondela ante a SAR, un rival ante o que se mostrou moi superior, sobre todo nun fantástico primeiro tempo e grazas a sua defensa, acompañada dunha rápida e letal saída ao contragolpe. As mozas de ouro mostraron gran eficacia e saber facer no contraataque, atopando finalizacións con pases ao pivote, polo extremo e con lanzamentos da primeira liña desde zonas máis afastadas, un auténtico quebradizo de cabeza para as locais que se vían unha e outra vez superadas no seu balance defensivo.… Seguir lendo >>
Viaxaba o Goldie Xiria a Vigo para enfrontarse ao BM. Carballal na quinta xornada da fase de permanencia da competición ligueira. As carballesas comezaban ben, cunha defensa difícil de superar polo seu rival e facendo dano no contraataque. No posicional, o Goldie xogaba o balón con criterio, dando continuidade á pelota e conseguindo espazos efectivos para os lanzamentos.… Seguir lendo >>
Chegaba o primeiro derbi do ano para as xogadoras do Goldie Xiria na matinal deste Sábado. A sempre difícil pista do BM. Camariñas, era o escenario deste esperado duelo e os equipos, sobreexcitados polo acontecemento, terminarían por ofrecer un encontro infestado de erros, aínda que cheo de emoción.… Seguir lendo >>
Foi un bo partido o que se puido ver hoxe pola tarde no Vila De Noia entre o Goldie Xiria e a SAR de Redondela. As de casa comezaron un pouco espesas no lanzamento a portería, cuestión que aproveitarían as «choqueiras» para colocarse cun 5-0 de inicio.… Seguir lendo >>