Fai moito que o Goldie Xiria tiña o encontro de hoxe marcado no calendario. As boas sensacións antes do parón do Nadal e a progresión positiva das de Carballo desde que dese comezo a liga, daba pé a iso e a visita do BM.… Seguir lendo >>

Fai moito que o Goldie Xiria tiña o encontro de hoxe marcado no calendario. As boas sensacións antes do parón do Nadal e a progresión positiva das de Carballo desde que dese comezo a liga, daba pé a iso e a visita do BM.… Seguir lendo >>
O pasado sábado, o Goldie Xiria afrontaba unha cita máis no Vila De Noia e nesta ocasión recibía ao BM. Lavadores de Vigo. A tarde comezaba cun emotivo momento e é que, as integrantes do equipo feminino e o corpo técnico, expresaban o apoio á xogadora Jessica que o vindeiro lúns terá que pasar polo quirófano, debido á rotura do ligamento cruzado anterior dun dos seus xeonllos.… Seguir lendo >>
Escolas Balonmán Xiria organiza o “I Día da Nai no Balonmán” o sábado 3 de decembro do 2016 no CEIP FOGAR.
No que será unha homenaxe ao balonmán feminino; Escolas Balonmán Xiria quere que as mulleres e nenas de Carballo gocen dunha experiencia inigualable, organizando un torneo de balonmán feminino entre nais e xogadoras, nunha xornada de convivencia, na que colaboran as xogadoras do equipo senior feminino, o Goldie Xiria, e as xogadoras das categorías base do Xiria.… Seguir lendo >>
Visitaba o Goldie Xiria Porriño sen ningún complexo e coa idea de seguir a súa progresión persoal como colectivo ante un exame en grao sumo esixente. Despois de entrar realmente frías no encontro, como o acredita o 8-2 do minuto quince, as de Carballo foron recuperando terreo a partir do meridiano do primeiro acto, establecendo un parcial de 5-6 neste tramo e un marcador de 13-8 no tempo de descanso.… Seguir lendo >>
Estivo a un bo nivel o Goldie Xiria no partido no que se enfrontou ao Rasoeiro Bm o pasado sábado no Vila de Noia, agás no inicio do segundo tempo no que as xogadoras carballesas non entraron no partido ao mesmo ritmo que as súas rivais, motivado quizais, pola falta de rotacións na primeira liña logo do golpe que apartou do encontro a Natalia Solís.… Seguir lendo >>
Segue o Goldie Xiria feminino na loita contra se mesmo, coa idea de progresar no xogo semana a semana nun ano atípico, onde as múltiples baixas con respecto ao cadro de persoal do pasado curso e as xovenes incorporacións (até catro xuvenís no plantel), deberán de ter a suficiente pacencia como para progresar a través do traballo semanal que se fai nos adestramentos.… Seguir lendo >>
Trouxo o Goldie Xiria unha nova derrota do Lalín Arena, e deberá corrixir e sobreporse aos inicios dos partidos, que lles está custando ás xogadoras ir por baixo no marcador cun factor psicolóxico negativo. Aínda que está vez o equipo carballés creu nas suas posiblidades e loitou na segunda parte para tratar de remontar e sacar algo positivo.… Seguir lendo >>
O Goldie Xiria estivo moi preto de estrear a súa marcadora en liga no día de onte. Foi na quinta xornada do campionato, na pista do BM. Tui, onde as bergantiñás demostraron unha clara evolución no seu xogo, sobre todo no referente á faceta defensiva. … Seguir lendo >>
O Goldie Xiria recuperou as boas sensacións que deixara fai quince días no seu partido contra o BM.porriño. As carballesas, que sufríran unha dura derrota a pasada semana en Vigo, saíron no día de hoxe a demostrar que aquilo foi un accidente e que a pesar da mocidade do equipo, poden ofrecer un nivel máis alto. … Seguir lendo >>
O Goldie Xiria, recibíu unha dura derrota na súa visita a Vigo onte Sábado. As carballesas, que xogaran unha esperanzadora 1ª parte fai sete días contra o BM.Porriño, deixando sensacións positivas de face ao futuro, tivo unha tarde aciaga no barrio de Lavadores e caeu con contundencia e sen paliativos ante un rival que se mostrou moi superior en todo momento.… Seguir lendo >>