Archivos de la categoría Senior Femenino

O Calvo Xiria consegue os primeiros dous puntos

Segundo encontro da 1ª autonómica onde as nosas senior acadan o primeiro triunfo, nun encontro onde levaron a iniciativa no marcador dende o primeiro minuto. Trala derrota ante o UB Lavadores B, chegaba o Chapela a Carballo que viña de acadar unha abultada vitoria na primeira xornada. 

Dende o pitido inicial, a intensidade defensiva carballesa abafaba o ataque redondelán, isto sumado á boa actuación de Nadia en porteria liberaba moito ó ataque local.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria sela o pase a cuartos trala vitoria ante AD Carballal

Con pleno de triunfos, o senior femenino acaba como primeiro clasificado do grupo C e disputará os cuartos de final na casa.

Cun rival que tan só compareceu no Vila de Noia con sete xogadoras, o que semellaba ser un encontro plácido, comezo lixeiramente costa arriba para as nosas; onde as boas intervencións de Xulia Pereira mantiñan a igualdade ata o minuto 15.… Seguir lendo >>