Archivos de la categoría Senior Femenino

Un Goldie Xiria Carballo Turismo impecable logra a vitoria en Tui

O Goldie Xiria Carballo Turismo desquitouse ante o Balonmán Tui o pasado sábado cunha vitoria incontestable no que é, ata o de agora, o mellor encontro das carballesas no que vai de campionato.

Coa incerteza das novas restriccións horarias, que obrigaban a adiantar o encontro ata en dúas ocasións, os colexiados Patric Espada e Pedro Pérez daban comezo ó partido ás 20:05.  Dende ese momento, as nosas impuxeron un ritmo de xogo moi alto con sucesivas transicións, accións de finalización moi claras dende os extremos e unha defensa 6:0 que o rival non foi quen de facer fronte.… Seguir lendo >>

Pleno para o Goldie Xiria Carballo Turismo

O noso equipo senior feminino desprazábase a Lugo tralo encontro aprazado da pasada semana nun partido trampa, xa que o equipo tan só levaba disputado un encontrado antes da cita desta fin de semana.

Coas baixas de Carla e Mina, o encontro serviu para que outras xogadoras se repertisen máis minutos e también foi a oportunidade perfecta para que a xuvenil Marta Gómez debutase con boa nota e durante moitos minutos nesta xornada.… Seguir lendo >>

Victoria do Goldie Xiria Carballo Turismo no primeiro partido fóra de casa

As rapazas do Goldie Xiria conseguiron o pasado domingo impórse ante o Teucro nun encontro que tivo como tónica xeral o dominio das xogadoras carballesas, aínda que o equipo de cidade do Lérez conseguiu acercarse no marcador nos minutos finais.

Nos primeiros compases do encontro a tónica xeral foron os erros de ambos equipos, pero un Goldie Xiria moito máis plantado en defensa e cun xogo rápido na 2ª oleada conseguía unha vantaxe de 7 goles nos primeiros 15 minutos.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria Carballo Turismo non se dá por vencido ante un rival que se mostrou superior

El Club Balonmán pabellón De Ourense, mostrouse superior ao Goldie Xiria desde os primeiros instantes do encontro que enfrontou aos dous conxuntos o pasado sábado. A pesar do 0-2 inicial, as bergantiñás puxeron todo o empeño en non deixar que o seu rival escapásese cunha diferenza importante ao primeiro de vez e conseguiron manter unha mínima diferenza ata o meridiano deste primeiro tempo (4-5).… Seguir lendo >>

Un Goldie Xiria Carballo Turismo combativo, non puido impoñerse en Chapela

O Goldie Xiria Carballo Turismo, non puido impoñerse ao Cíes Obra Civil BM. Chapela, a pesar de tentalo ata o final e durante os sesenta minutos do encontro. As bergantiñás, que o tentaron con diferentes defensas e variando o seu ataque, conseguiron parciais ilusionantes que as achegaban ao seu rival con momentos dun balonmán intenso e dinámico, pero os erros e as perdas de balón non forzadas, foron claves no devir do encontro e, ao cabo, impedirían que as carballesas alcanzasen o obxectivo final de superar no electrónico ao seu rival.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria Carballo Turismo non foi capaz de dobregar ao BM. Tui

Comezou moi ben o Goldie Xiria Carballo Turismo o partido que lle enfrontaba ao BM. Tui o pasado sábado. A pesar das baixas coas que segue contando, o conxunto de Carballo iniciaría o encontro impoñéndose cunha profunda e atrevida defensa ao ataque do bo conxunto de Tui e desa forma, conseguiría dominar o marcador durante boa parte do primeiro tempo, mesmo cunha diferenza que chegou a ser de tres goles no minuto quince (8-5).… Seguir lendo >>