Archivos de la categoría Senior Masculino

O Goldie Xiria Carballo Turismo, queda ás portas de dar a sorpresa en Meaño

Gran partido do Goldie Xiria, que a pesar das baixas e de viaxar só con doce xogadoras, a punto estivo de dar a sorpresa na cancha do segundo clasificado, o Asmubal Meaño Tecnelsa.

Destaca por encima de todo, a seriedade e concentración coa que o conxunto carballés afrontou este partido, completando un encontro notable e unha primeira parte sobresainte.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria gaña ao Bm Chapela e colócase terceiro

Nos instantes antes de empezar o partido, Escolas Balonman Xiria, rendeu unha merecida homenaxe, aos exxogadores, Iván Amarelle, Carlos García e ao excapitán Pablo Iglesias. Carballo e Escolas Baloman Xiria, séntense moi orgullosos de vós.

Unha vez iniciado o partido, o Calvo Xiria, custaríalles arrincar, impreciso en defensa, e con transicións lentas viu como o marcador reflectía un 2 a 5 que non se esperaba; pero o Chapela estaba a xogar demasiado cómodo sobre a pista.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria suma dous novos puntos ante o Carnes Doribeiro

O Calvo Xiria volvía ao Vila de Noia, para un novo partido de primeira nacional; o seu rival o Condes Doribeiro Ourense, non llo poñería fácil, nun partido que se decantou ao lado carballés a falta de 15 minutos, grazas á achega de todo o equipo, xa que as rotacións permitiron ao Calvo Xiria chegar fresco ao tramo final e sentenciar, desde a defensa e a velocidade nas transicións.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria empeza o ano cunha nova vitoria.

O Calvo Xiria creceu co paso dos minutos e foi gañando confianza no xogo para finalmente superar a un Carballal que se viu superando na segunda metade.

Moi atascado o Calvo Xiria en ataque nos primeiros minutos, o uso excesivo do bote e dos ataques cara ao centro, chocaban contra a defensa 6:0 local; unicamente as accións individuais ou de 2×2 permitíanlles meter algún gol illado.… Seguir lendo >>